Viernes, 15 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 21:27:42 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas

Alumnado e profesorado do IES Primeiro de Marzo organizaron un espazo de reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas

O equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, formado por alumnado de todas as etapas educativas do centro, organizou o I Encontro de Equipos de Igualdade da provincia de Pontevedra celebrado na mañá do pasado venres 22 de abril no Parador de Turismo de Baiona. 

 

O encontro,que contou coa presenza do Equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, do Club Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda, a Brigada Violeta do IES Chapela e a participación especial da Asamblea Coeducativa do IES La Cañuela (Toledo), serviu para que o alumnado debatese sobre feminismo, diversidade e ferramentas para construír centros escolares libres de violencias machistas.

 

Ao acto, que contou coa colaboración do Parador de Turismo de Baiona, asistiron a Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, a Deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso, asi como Chis Oliveira, docente xubilada, dinamizadora de espazos libres de violencias machistas e mestra coeducadora referente en todo o país, que acompañaron ao alumnado e amosaron así o seu apoio a proxectos coeducadores realizados desde a escola pública.

 

As coordinadoras de igualdade dos diferentes institutos concluíron que o acontecido onte en Baiona debe ser un punto de inflexión para seguir tecendo rede coeducativa co gallo de intercambiar propostas e permitir ao alumnado espazos de libre expresión nos que intercambiar ideas entre diferentes puntos da xeografía galega e española. Alumnado e profesorado asistente saíron convencidas de que este foi o primeiro de moitos encontros de Comandos Igualdade. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.