Martes, 31 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 22:30:58 horas

Xornal21.es
Lunes, 02 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

COGAMI habilita unha vivenda en Mos para dar autonomía as persoas con discapacidade

Financiada por Fundación “la Caixa”, este proxecto pretende mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas que forman parte desta experiencia de seis meses de duración

Álex Álvarez, Vanesa Varela, Rosa Sanmartín, Antonio Pereiro e María Adell comparten piso. Estas cinco persoas son compañeiras de xornada no centro de recursos que ten COGAMI en Mos e agora, tamén o son nunha vivenda tutelada. Forman parte do proxecto denominado Vivenda para a Inclusión Social. Por un período de seis meses, compartirán unhas instalacións habilitadas nas proximidades do centro e experimentarán a convivencia fóra dos seus núcleos familiares.


A través desta vivenda tutelada dende COGAMI preténdese mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas que forman parte desta experiencia que conta con persoal de apoio como 2 persoas coidadoras, unha traballadora social, unha psicóloga e unha terapeuta ocupacional. Este equipo profesional realizará acompañamento e apoiou durante o proceso de aprendizaxe e adestramento cara unha vida autónoma e independente.


Financiado por Fundación “la Caixa”, e co fin de darlle maior estabilidade ao proxecto,  actualmente dende COGAMI estase traballando coa Administración na xestión da validación de prazas públicas, que fai posible que unha persoa poida adquirir competencias necesarias para transitar cara a unha vida independente ou recursos residenciais con menor supervisión en base ao seu plan de vida. Segundo o director do centro de Mos, Celso Álvarez “a vivenda é un recurso moi necesario no proceso de transición das persoas con discapacidade para acadar unha maior autonomía no seu proceso de inserción social”.


Como calquera persoa que comparte vivenda, os labores da casa tamén son compartidos mediante un plan semanal de tarefas que organizan en conxunto para distribuílas. María di que non bota de menos á familia e que esta experiencia lle serve para ser máis independente e expresa que “aprendes a facer cousas que na casa non as fas porque xa as fan teus pais”.


Para Rosa supón “unha oportunidade porque pasei metade da miña vida nun hospital e agora este proxecto supón unha mellora na miña calidade de vida”, e outro dos compañeiros de vivenda, Álex, opina que lle gustaría "conseguir un nivel de independencia suficiente para ir vivir só algún día", e engade que "o mellor de estar na vivenda é a confianza que che dá o poder facer ti as cousas”.


Esta vivenda é un espazo adaptado e adecuado para a convivencia de cinco persoas con mobilidade reducida, co fin de favorecer a súa participación social e laboral a través de tres áreas de traballo: vida independente, economía no fogar e autocoidado persoal.  Conta de dous andares: na zona baixa está o salón comedor, a cociña, un baño e o cuarto da persoa coidadora e no andar superior hai catro cuartos, un deles dobre, e dous baños.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.