Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello e Protección Civil do Porriño asinan o seu convenio anual por 30.000 euros

O Concello do Porriño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil renovaron o convenio de colaboración para atención de emerxencias no termo municipal. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da agrupación local, Miguel Rivas, formalizaron o acordo que contempla que o Concello aportará 30.000 euros para dotar de persoal e uniformidade aos membros da agrupación, así como para a compra de material e subministros. No acto de sinatura estiveron presentes tamén a secretaria da agrupación, Avelina Tato  e o responsable do servizo, Jesús Pexegueiro.

 

“O labor destes voluntarios e voluntarias é esencial para garantizar a resposta ás emerxencias que se producen no municipio”, explicou o rexedor, “Situacións como a pandemia puxeron de relieve a eficacia do traballo que realizan os efectivos de protección civil. Foron claves para atender ás persoas máis vulnerables durante o confinamento ao igual que o son cada vez que hai algunha emerxencia”.  Con tal motivo, o novo executivo inclúe no seu novo orzamento (que presentará nas vindeiras semanas) un incremento de 10.000 euros para a agrupación de protección civil, consolidando unha partida de 40.000 euros.

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño conta a día de hoxe con 24 voluntarios e voluntarias e aspirantes que colaboran coa Policía Local, Garda Civil e os demais servizos de emerxencias na atención ás alertas do 112, participando en máis de 2.300 operativos anuais.  Tamén desempeñan tarefas de seguridade e loxística nos diferentes eventos culturais e deportivos que se celebran no concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.