GALICIA
A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga entrará en vigor no verán
Incentívase a xestión profesionalizada e especializada, apostando pola explotación agrupada das infraestruturas
O Goberno galego vén de crear un novo marco normativo para acadar unha mellor xestión das infraestruturas de abastecemento e saneamento e uns servizos de calidade en todos os concellos de Galicia, buscando un uso racional dos recursos hídricos, o aforro de auga e a optimización do funcionamento das redes de saneamento, co fin de mellorar a depuración das augas residuais e previr a contaminación.
O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos públicos relacionados co ciclo integral da auga e poñer á disposición dos concellos un sistema voluntario que garanta unha xestión profesional e de calidade.
A Comunidade galega mobilizou máis de 1.100 millóns de euros desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas en apoio aos municipios no exercicio das súas competencias. Estas intervencións e investimentos incidiron na mellora da calidade das augas e no nivel de cumprimento das normativas comunitarias na materia. Ademáis, dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, é preciso tamén unha boa xestión e mantemento desas infraestruturas, que permita prestar os servizos con calidade e eficacia.
A Xunta considera necesario avanzar neste novo modelo para axudar as entidades locais que así o soliciten ante as dificultades contrastadas, técnicas e económicas, que teñen moitos municipios para prestar axeitadamente e con eficacia estes servizos municipais, que inciden na calidade das augas, no medio natural, na saúde das persoas e en actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo.
Apoio aos concellos
Na actualidade, en Galicia conviven distintos modelos de xestión da auga, desde a xestión municipal dos propios sistemas; consorcios, mancomunidades e sociedades supramuniciais; e depuradoras que son xestionadas directamente por Augas de Galicia, como axuda aos concellos nas súas competencias municipais, 28 na actualidade.
O novo modelo regula o apoio aos concellos, dándolle a oportunidade a todos aqueles que así o soliciten, de forma voluntaria, de encomendar a xestión dos seus servizos á Xunta. Ademais de ampliar e reforzar ese apoio a todas as entidades locais que así o queiran, a lei ofrece a posibilidade de estender ese apoio para xestionar as depuradoras, pero tamén os colectores, algo que ata agora non era posible, e os sistemas de abastecemento “en alta”.
Augas de Galicia porá á disposición de todos os concellos directrices para o control de vertidos, para o saneamento e depuración en pequenos núcleos de poboación, para mellorar a xestión das augas pluviais e para a eficiencia enerxética das instalacións existentes
A nova norma implica, polo tanto, igualdade de trato a todos os municipios, cun modelo único e prezos homoxéneos e xustos no conxunto da Comunidade.
A lei está en liña co Pacto Local da Auga asinado coa FEGAMP, coa participación activa dos Concellos e das deputacións provinciais, para o impulso dun instrumento público e integral de todo o ciclo da auga, con solvencia técnica, tarifas igualitarias e homoxéneas en todo o territorio e con posibilidades de vías de financiamento para a realización de investimentos baseados en criterios técnicos.
Xestión profesionalizada
Con este novo marco regulatorio búscase dar un paso máis no camiño da correcta xestión do ciclo integral da auga apostando pola integración de servizos e pola xestión profesionalizada e especializada das infraestruturas e servizos asociados, partindo do coñecemento minucioso dos sistemas e da ordenación completa das súas instalacións.
Ademais procúrase unha xestión agrupada das infraestruturas e a aplicación de economías de escala, que implica menores custos derivados da optimización de materiais, equipos e persoal, permitindo aforros do 10%.
Reducir as fugas e verteduras
A norma prioriza as actuacións nas redes co fin de limitar as infiltracións de augas brancas e as verteduras contaminantes, así como a mellora da eficiencia enerxética das instalacións, co fin de aumentar a eficiencia dos sistemas.
Búscase, deste xeito, reducir as fugas das redes de abastecemento municipal, que en ocasións superan o 40%, e evitar as infiltracións de augas de chuvia, de mar ou dos ríos, que supoñen ineficiencias nos sistemas de saneamento e depuración, causando gran parte das 263 verteduras que aínda soportan as rías galegas.
Tamén, de cara a facilitar o exercicio das competencias municipais en materia de augas, a Xunta porá á disposición de todos os concellos directrices técnicas que lles axuden nestas tarefas.
Tramitación da lei
O procedemento de tramitación desta lei, que completa o corpo normativo en materia de augas, tivo unha amplia participación pública. O anteproxecto foi sometido ao trámite de consulta pública e audiencia, publicouse no portal de transparencia e goberno aberto da administración autonómica e foi remitido a todas as administracións, corporacións e entidades interesadas, ampliándose ata en dúas ocasións o período de consultas públicas.
Durante a tramitación do texto normativo emitíronse os informes preceptivos, o Consello Reitor de Augas de Galicia foi informado sobre o texto do anteproxecto de lei, que tamén foi obxecto do ditame preceptivo do Consello Económico e Social de Galicia, emitido por maioría absoluta e sen votos en contra.
Tras recibir o visto e prace do Consello da Xunta, o proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga inicia agora o seu trámite parlamentario co obxectivo de que resulte definitivamente aprobado no presente período de sesións e que poida entrar en vigor o vindeiro verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186