Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP pide ao Concello que facilite a instalación de enerxía solar

Unha nova medida de aforro nos impostos municipais para intensificar as iniciativas privadas que crean oportunidades para os veciños, tanto socialmente como economicamente

O Grupo Municipal Popular, continua aportando ideas e propstas en beneficio da cidadanía salcedense. Nesta ocasión os concelleiros populares de Salceda de Caselas, presentan unha iniciativa ante o pleno para modificar a ordenanza municipal que regula o imposto do ICIO, no tocante as bonificacións en obras de iniciativas encamiñadas a instalacións ou obras que incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, así como as que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade para persoas con discapacidade, tal e como recolle o Real Decreto Lexislativo 2/2004 (TRLRFL) nos artigos 100 a 103, e que pode trasladar a dita ordenanza municipal.

 

Por elo, tanto o concelleiro Primitivo González Souto como o voceiro Santiago Rodríguez Davila,  veñen de explicar e propor que "o goberno bipartito debe atender e votar a favor desta nova proposta popular que pretende xerar máis e mellores oportunidades, que facilita a accesibilidade e habitabilidade ás persoas con discapacidade e en consecuencia xerar máis actividade económica o redor dunha demanda social xusta”.

 

Tamén sinalan que "o cambio climático preocupa e debe ocupar a todos, e por elo que iniciativas como esta, onde pretendemos facer máis instalacións ou obras en torno o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, que axudan a reducción da contaminación e fan máis sostible o entorno, deben contar co apoio dos representantes públicos, neste caso dos concelleiros da Corporación Municipal”.

 

Ademáis din estar "seguros que no pleno do próximo xoves día 28 de abril, vamos aprobar por unanimidade esta modificación da ordenanza que regula o ICIO, pasando do 50% de bonificación actual o 90% e 95% para as iniciativas de acceso e habitabilidade a discapacitados e para as de instalaciónns e obras de aproveitamento con enerxía solar, respectivamente”.

 

“O coche eléctrico é unha realidade que cada día se vai a utilizar e demandar máis, polo que é necesario, preciso e case obrigado que dende o Concello se poña alfombra vermella a quenes sexan pioneiros e aposten por dar resposta ante o cambio climático que desgradiadamente é, de momento, imparable, a través da mobilidade sostible” apuntan dende o PP.

 

Por último o Grupo popular considera "obrigado que o Concello debe minimizar os ingresos polo ICIO neste tipo de obras, para incentivar, axudar e animar a particulares, autónomos e empresas a apostar por enerxías renovables e fomentar o autoconsumo enerxético”.


“ A sensatez, a moderación e a coherencia nas propostas do noso Grupo, fan que cada día sexan máis os veciños que ven cerca unha alternativa realista, fiable e de maiorías a un goberno que está máis ocupado e preocupado en ver que parte do bipartito sale en máis fotos que en resolver a realidade dos salcedenses” aseguran.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.