Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 09:13:53 horas

Xornal21.es
Martes, 26 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos acolle o XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada

70 nadadores de 3 categorías e 9 clubes participarán mañá pola mañá na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro

A Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro será mañá pola mañá, desde as 10.30 horas, esceario do XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada.


Trátase dun evento deportivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Concello de Mos.


Desde a organización comentan que nesta 26 edición do campionato a participación é inferior que antes da pandemia da COVID-19 (cando podían chegar ata 200 participantes), sen embargo, contan cun número total de nadadores inscritos para mañá de 70, unha cifra nada desprezable.


Trátanse de nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 14 e máis de 50 anos e con diferentes discapacidades intelectuais. As categorías de participación no campionato divídense en 3, dependendo do grao de discapacidade.


A categoría Competición, que se rexe polas mesmas normas que o deporte convencional.


A categoría Adaptada, na que se adaptan lixeiramente as normas á condición dos nadadores.


E a categoría Xogo, para os deportistas con maior dificultade, que dispoñen de máis licenzas ou permisividade na competición.


Os participantes mañá na Piscina Municipal mosense son na súa maioría das categorías Adaptada e Xogo, e forman parte de 9 clubes: Aceesca, Asdan, Aspanaex, Disfunga, EVD Galicia, Juan XXIII, Méndez Núñez, Saiar e Club Natación Ponteareas. As mosenses Escravas da Virxe Dolorosa participan con 3 nadadoras.


A importancia do Deporte Adaptado radica en promover obxectivos como a auto-superación, mellora da auto-confianza, empregar sanamente o tempo libre e o lecer, promover o deporte como estilo de vida e establecer o deporte como medio de integración, ao tempo que se melloran as cualidades perceptivo-motoras dos deportistas que o practican, que ademáis adquiren e perfeccionan as súas capacidades condicionais e coordinativas.


O deporte adaptado mellora as funcións físicas, motoras, sensoriais, psicolóxico-persoais, sociais, de integración, de comunicación e mentais. Ten funcións recreativas que facilitan as relacións sociais e o protagonismo como medio de afirmación persoal. Competitivas: un gran reto, os deportistas síntense admirados, aumentando así a súa autoestima e eliminando os sentimentos de marxinación. E de integración social a través das relacións coa comunidade.


Tamén o deporte e a actividade física pode desenvolver un sentimento de liberdade para as persoas con capacidades diversas e permitir unha manifestación de infinidade de emocións que necesitan mostrar tales como: a ira, a confusión, a angustia, a desilusión ou a frustración entre outras, así como o medo ou a alegría de enfrontarse a novas situacións por experimentar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.