Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 28 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Voluntarios e voluntarias retiraron esta fin de semana lixo do parque forestal da Picaraña

O Concello agradece a colaboración da ADC Picaraña pola súa colaboración nesta nova xornada recollida e polo traballo que desenvolven ao longo de todo o ano para manter vivo o monte

Ponteareas continúa coa súa campaña de recollida de lixo e limpeza nos seus montes e contornas naturais para preservar o medio ambiente, evitar a contaminación e mesmo reducir o risco de incendios. Esta fin de semana un grupo de voluntarios e voluntarias levaron a cabo unha nova xornada de limpeza para retirar todo o lixo abandonado no parque forestal da Picaraña. Unha mañá de traballo na que as e os participantes recolleron, entre outros residuos, moitos plásticos e vidro, unha gran cantidade de latas e botellas, embalaxes e ata asentos de automóbil.


O edil de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, quixo agradecer en nome do Concello o gran labor realizado por parte de todas e todos os participantes, especialmente o da ADC Picaraña, “non soamente pola súa colaboración nesta recollida, senón por todo o traballo que desenvolven ao longo de todo o ano para manter o parque forestal da Picaraña como un lugar vivo e atractivo”.


O programa de voluntariado ambiental xuvenil posto en marcha polo Concello busca concienciar á mocidade sobre a importancia de conservar a contorna natural e implicala para facer de Ponteareas unha vila medioambientalmente máis sostíbel.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.