Mos
Os socialistas trasladan ao pleno a perigosidade dos redutores de velocidade
Fai semanas que tanto Deputación de Pontevedra nas estradas provinciais coma o Concello de Mos nas municipais, realizaron a instalación de redutores de velocidade para lograr unha condución e tránsito máis seguros, ditos elementos teñen como finalidade que os vehículos reduzan a súa velocidade.
No caso dos municipais foron instalados e tardaron varias semanas en pintarse, provocando as queixas da veciñanza xa que tan so estaban indicados con sinais de velocidade reducida. Aínda que as reclamacións tamén viñan provocadas por ser un lombos demasiado estreitos e altos". Esta última foi a cuestións que levou os socialistas a facer un rogo no pleno do pasado luns onde pedían que se revisasen por entender que "non cumprían a normativa".
O concelleiro Alejandro Figueroa, puxo de exemplo outros redutores da Deputación ou incluso do propio concello onde as medidas non eran as mesmas. Figueroa tamén quere incidir no feito de que para a instalación destes elementos debese elaborar un proxecto e ditos lombos deben cumprir os requisitos fixados por lei, xa que di que non pode ser unha obra que se faga “a ollo”. O concelleiro socialista incide na necesidade de que o concello "debe madurar os proxectos, obras e reformas que leve a cabo porque se coma neste caso, son froito da improvisación, poden resultar prexudiciais para a veciñanza. Finaliza dicindo que a veciñanza paga un imposto de rodaxe para transitar dunha maneira segura e a existencia de elementos que non cumpran a normativa é un abuso por parte da administración local".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171