Galicia
A Xunta agradece ao rei Filipe VI o seu apoio ao Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Sarria á visita do monarca en apoio ás forzas da orde que protexen as rutas xacobeas e acompañan aos peregrinos
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Sarria á visita que o rei Felipe VI fixo ao cuartel da Garda Civil para agradecer, en nome do Goberno galego, o apoio do monarca ao Camiño de Santiago nun Ano Santo que se prevé histórico.
Alfonso Rueda participou nos actos en apoio da Garda Civil e, en xeral, de todas as forzas da orde que protexen as rutas xacobeas e acompañan aos peregrinos. O vicepresidente primeiro asegurou que a Xunta se suma a ese recoñecemento e que garante que camiñar a Galicia é unha aposta segura e unha experiencia única e inesquecible.
O Camiño de Santiago está a rexistrar cifras históricas, con máis de 39.000 Compostelas entregadas no que vai de ano, por riba das 28.000 só neste mes de abril e 3.844 na pasada fin de semana. Supón a maior afluencia de peregrinos desde que hai rexistros, polo que Alfonso Rueda confía en que se sigan batendo récords neste Xacobeo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186