Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es 1
Sábado, 30 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP esixe rigor ao bipartito á hora de buscar o emprazamento para o Centro de Saúde

“O PSOE anunciou a través do seu novo portavoz, Delfín Fernández, unha consulta popular para buscar a “mellor localización” mentres que o seu representante no Goberno, Chus Garrote facíase unha foto coa alcaldesa anunciando un emprazamento case definitivo”

O Grupo Municipal do PP esixe rigor e celeridade para a procura da mellor localización para o Centro de Saúde de Ponteareas que a Xunta de Galicia quere construír na vila do Tea.

 

Os populares consideran un despropósito a actitude do bipartito que cada día espértase cunha nova ocorrencia e que non está a facer as tarefas encomendadas. “Seguimos sen recibir os informes técnicos, que solicitamos, de cada parcela. Cada unha das localizacións comentadas na comisión municipal foron cambiadas, sen aviso previo, na visita dos técnicos da Xunta ao municipio. Á Xunta nunca se lle ofertou a parcela de Aceros do Tea polo que é mentira que a descartaran”.  

 

O PP esixe unha aclaración ao PSOE que por unha banda se compromete cos veciños para facer unha “consulta popular” e por outra, a través do seu representante no Concello pecha, mediante unha foto, unha suposta localización definitiva que non consultaron nin cos grupos da oposición nin cos veciños, como eles mesmos prometeron. “Non entendemos esta duplicidade de propostas, é un sen sentido e non sabemos se se debe a pelexas internas ou a falta de comunicación. O PSOE local empapelou o pobo coa localización en Aceros Tea, prometeu unha consulta ao pobo e de súpeto, dúas semanas despois espertámonos cunha “ maquetita” de que nesa parcela farase un centro socio cultural mentres que moitas das instalacións municipais actuais caen a cachos”.

 

Comentarios (1)
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

  • Pepe

    Pepe | Lunes, 16 de Mayo de 2022 a las 11:41:44 horas

    ¿Pero é tan difícil sentarse un solo día e CONSENSUAR unha ubicación adecuada que satisfaga as necesidades dos usuarios?. E si queren facer unha enquisa:; ¿a que esperan?

    Accede para responder

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.