DEPORTES
Convocada a Selección Galega de Trail Running
A proposta do Responsable de Trail Running e do Director Técnico da Federación Galega de Atletismo, esta semana facíase pública a lista oficial de atletas convocadas e convocados para integrar a Selección Galega que tomará parte no Campionato de España da modalidade a disputarse na localidade catalana de Berga o vindeiro día 7 de maio.
A lista está composta por un total de doce atletas, seis de cada categoría, dos cales os tres primeiros lograban a súa selección de maneira directa no pasado Campionato de Galicia de Trail desenvolto na Serra de Barbanza. Lembramos que no mesmo resultarían gañadores Daniel Paz e Verónica Calvo, atleta esta última quen por motivos laboráis non vai poder liderar o equipo femenino correspondendolle tal responsabilidade á subcampioa galega Carla Trillo.
Cabe lembrar que a Selección Galega de Trail debuta neste Campionato de relativa recente creación, xa que con esta serán catro as edicións disputadas ata o momento. Ao longo das mesmas a Selección absoluta de Cataluña con catro títulos, sitúase ao fronte do palmarés seguida das Seleccións de Valencia e País Vasco, cun título.
O obxectivo pasa por continuar medrando
O obxectivo da Selección no seu debut non é outro que o de representar a unha modalida atlética en importante incremento na nosa comunidade grazas en parte, ás excelentes condicións xeográficas e orográficas cas que contamos, como ao gran número de afeccioados e afeccioadas que buscan ademáis de deporte e novos retos, unha contorna e un espazo natural diferente e motivador.
Con esta nova aposta federativa, a Selección Galega de Trail Running, xúntase á Selección Galega de Campo a Través, Selección Galega de Aire Libre, Selección Galega de Marcha, Selección Galega de probas Combinadas e Selección Galega Escolar que representan áo atletismo federado galego nos diferentes compromisos estatais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218