PROVINCIA
A segunda edición da Feira Vegana e Sostible de Galicia abre a venda de
Comeza a conta atrás para a celebración da segunda edición da Feira Vegana e Sostible de Galicia, un evento que na súa primeira edición logrou reunir a 12.000 persoas en dous días ao redor de cento e vinte casetas e food trucks dedicadas á venda e degustación de produtos de alimentación e bebidas, moda, calzado e servizos relacionados co veganismo e a sostibilidade. Así mesmo, o público asistente puido gozar de todo tipo de charlas e obradoiros sobre educación ambiental, cociña sen ingredientes de orixe animal ou o importante labor exercido polos santuarios de animais.
Este ano medrarán tanto os días (tres en lugar de dous), coma o espazo expositivo do IFEVI, as casetas (ata o día de hoxe hai 175 marcas inscritas) e os obradoiros para adultos e pequenos. Tras un día de venda prioritaria para persoas xa prerexistradas no evento a través da web Vegana.gal, as organizadoras poñerán á venda as entradas dirixidas ao público xeral. A súa adquisición poderá formalizarse a través da plataforma Woutick e haberá diferentes tipos: entradas a 4.5 euros para un só día, abonos a 12 euros para acceder ao recinto libremente os tres días de feira, e entradas gratuítas dirixidas a persoas maiores de 65, menores de 12 anos, persoas en situación de desemprego ou persoas con diversidade funcional.
A segunda edición da feira, que terá lugar no IFEVI os días 1, 2 e 3 de xullo, redobrará espazo e casetas, así como encontros, obradoiros, show cookings e todo tipo de actividades para grandes e pequenos
Ao igual que na súa primeira edición, a feira incluirá una programación continua consistente en charlas, show cookings, puntos de información nutricional, obradoiros artísticos e pedagóxicos de educación ambiental, representantes de santuarios e asociacións, e todo tipo de persoal experto en promover un estilo de vida máis respectuoso cos animais e o medio ambiente. Tratarase dun evento inclusivo con zona infantil, sala de lactación e obradoiros especificamente dirixidos aos máis pequenos.
A oferta de ocio tamén se verá ampliada coa presenza diaria de máis músicos en directo; tal é o caso do cantautor valenciano Luis Carrillo, un novo compositor que combina o ton reflexivo coa intensidade roqueira que contou ao longo da súa carreira coas colaboracións de luxo de Adriana Moragues o Mikel Erentxun.
Para todas as marcas e empresas interesadas en alugar unha caseta expositora, as inscricións continúan abertas ata o vindeiro 20 de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152