VIGO
A biblioteca Juan Compañel súmase en maio á celebración das Letras Galegas
O autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, será o protagonista das mostras bibliográficas do mes e dunha das sesións de contacontos
A Biblioteca Pública xestionada pola Xunta en Vigo ‘Juan Compañel’ súmase en maio á celebración das Letras Galegas co autor homenaxeado este ano, o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, como protagonista das mostras bibliográficas e dunha das sesións de contacontos. Ademais, neste mes farase entrega dos premios do XXII Concurso de Banda Deseñada BD Vigo e haberá novas sesións de contos cada sábado e xoves alternos. A asistencia ás actividades, que poden consultarse na web, require de inscrición previa.
A programación de Os sábados, conto, dirixida ao público infantil a partir de catro anos, comeza con Okami e os seres fantásticos, unha viaxe polos seres mitolóxicos xaponeses a través dunha montaxe en teatro de papel con Juste Kamishabai. O día 14, a sesión terá como protagonista o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, co espectáculo de Raquel Queizás Florencio nas ondas, unha recreación dun antigo programa de radio para descubrir a vida de película do poeta e a súa obra.
Na xornada do 21, Iván Dávila narrará historias inspiradas en feitos reais que tratan sobre diversos temas como a amizade ou as artes, con Animais artistas e outras cousiñas. No último sábado do mes chega Truque Matruque con Cantando os Cantares, un percorrido polos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en forma de concerto.
Pola súa banda, os bebés de ata tres anos terán dúas xornadas específicas de contacontos con dobre sesión, ás 18,00 e ás 18,45 horas. Serán o xoves 5, con Olga Cuervo e Ssshhh… A durmir!, e o xoves 18, con Ramiro Neira e O papaventos vermello.
Mostras arredor de Delgado Gurriarán
As mostras bibliográficas de maio céntranse na celebración das Letras Galegas. Así, Cultura transoceánica: vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, salienta tanto a faceta de escritor e articulista do homenaxeado como o seu inxente labor cultural co que conectou o exilio de Latinoamérica con Galicia. A ela súmase Que cante o merlo!, dirixida ao público infantil e familiar.
Ademais, ao longo do mes continúan as actividades regulares, como os clubs de lectura, o curso de alfabetización informática para maiores de 55, impartido os xoves por Eladio Izquierdo Pazó, o Laboratorio de arte contemporánea para a infancia, con sesións os venres da man de Arte y Garabato, e o obradoiro de banda deseñada dos sábados con María Vilar.
Entrega de premios de banda deseñada
Cómpre sinalar tamén que o 15 de maio remata o prazo para participar no XXII Concurso de Banda Deseñada BD Vigo. O día 21 farase a entrega de premios para as tres categorías, infantil, xuvenil e adultos, cun diploma acreditativo e un agasallo relacionado co mundo co cómic. Os traballos premiados formarán parte dunha exposición no espazo bibliotecario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91