Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 18:21:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A biblioteca Antonio Odriozola súmase en maio á celebración das Letras Galegas

Haberá contacontos, obradoiros e unha mostra arredor do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, figura homenaxeada este ano

A Biblioteca Pública da Xunta en Pontevedra ‘Antonio Odriozola’ súmase en maio á celebración das Letras Galegas con contacontos, obradoiros e unha mostra arredor do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, figura homenaxeada este ano. Co gallo da conmemoración do Día da Banda Deseñada haberá tamén un taller de iniciación ao cómic, ademais dunha nova sesión do curso de autoprotección feminina. A información sobre contidos e participación en todas as actividades pode consultarse na páxina web.


A programación comeza o venres 6 ás 18,00 horas co obradoiro de iniciación ao cómic a cargo de Yago García, enmarcado no Día da Banda Deseñada que se celebra o 1 de maio. A través desta proposta, público xuvenil e adulto aprenderá as bases para a elaboración dun cómic, desde a primeira idea ata a montaxe final, así como técnicas de creatividade.


A partir do 13 de maio arrincan as actividades conmemorativas das Letras Galegas, co espectáculo familiar de Raquel Queizás Florencio nas ondas: unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. O venres seguinte será a quenda de Polo Correo do Vento co contacontos e obradoiro de debuxo De Valdeorras a México: unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, dirixido a  público infantil a partir de 3 anos.

 

 

 

 

Tamén se desenvolverá un taller de iniciación ao cómic no marco do Día da Banda Deseñada, ademais dunha nova sesión do curso de autoprotección feminina

 

 

 


Despregables de poemas en galego
Como peche, o día 27 terá lugar o obradoiro creativo de despregables de pop-up dedicado ás Letras Galegas, con Juan Kamishibai. Poderá participar a rapazada de 8 a 12 anos para darlles vida en pop-up a debuxos e poemas en galego. Todas estas sesións terán lugar ás 18,00 horas.


A programación das Letras Galegas complétase coa mostra bibliográfica Florencio Degado Gurriarán: activismo cultural dende o exilio. Instalarase do 13 ao 30 de maio no andar baixo da biblioteca, con materiais para todos os públicos sobre a vida e obra do poeta.


A maiores das propostas conmemorativas, a axenda complétase cunha nova sesión do curso de autoprotección feminina, dirixido a mulleres de 16 anos en diante que queiran aprender técnicas básicas de autodefensa. O presidente da Asociación Española de Defensa Persoal e Policial, Bernardo López, impartirá a actividade o día 21 a partir das 10,00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.