Opinión
Na guerra da desinformación, fagamos que gañe a verdade
Manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia polo Día Internacional da Liberdade de Prensa
Din que a verdade é a primeira vítima dunha guerra. E na de Ucraína, unha vez máis, queren matala. O agresor, Putin, mesmo prohibiu usar as palabras "guerra" ou "invasión" para describir o que está a facer ao país veciño. Os xornalistas só poden falar de "operación militar especial" e limitarse a reproducir a versión do Kremlin. O contrario pode supor 15 anos de cárcere e o peche do medio.
Esta situación puxo ao xornalismo en Rusia ante un desatinado dilema: acatar a censura ou ir a negro. Os poucos medios independentes que loitaban por sobrevivir á xa asfixiante falta de liberdade de prensa tiveron que pechar. Moitas voces críticas exiliáronse por medo a represalias, nun país onde os xuízos a disidentes e as propias eleccións adoitan ser unha farsa ao servizo dun poder cada vez máis totalitario.
Na Rusia de Putin só se escoita xa a propaganda oficial, empregada a fondo en xustificar os seus ataques e construír unha realidade alternativa, segundo a cal matanzas como a perpetrada en Bucha serían unha montaxe.
Ante campañas de desinformación promovidas desde calquera Estado, o deber dos xornalistas é investigar para dar coa verdade. Difundir mentiras dana gravemente a opinión pública que, confundida ante a avalancha de teorías diversas e interesadas sobre un mesmo feito, pode chegar erroneamente á conclusión de que "a verdade non se pode descubrir". Que agresores e agredidos, vítimas e verdugos, son o mesmo.
A verdade só é unha. É o que ocorreu. Non é opinable, senón un feito constatable. O noso deber como xornalistas é sacala á luz para que sexan os cidadáns os que poidan extraer as súas propias conclusións. Xa sexa en Ucraína ou no discurso de calquera dos nosos políticos. Dar voz a unha mentira é desinformar. Transmitir comunicados oficiais sen contrastar nin ofrecer contexto, non é xornalismo.
O noso oficio, o bo oficio, require máis que nunca de tempo para separar o gran da palla, o que hai de certo entre tantos enganos... Difícil tarefa nesta era da inmediatez, cando un xornalista pode verse obrigado a elaborar ao día múltiples crónicas a un ritmo frenético, sen estar especializado moitas veces sobre os temas dos que lle toca falar ou escribir.
A precariedade golpea especialmente aos autónomos, pero tamén aos reporteiros incluídos nos cadros de persoal, sometidos cada vez a maiores esixencias de produtividade.
É hora de volver ás orixes. Primar a calidade sobre a cantidade, as crónicas ben documentadas sobre os textos rápidos ou as conexións ininterrompidas que engaden máis ruído ou ideoloxía que unha información rigorosa, veraz e de valor para as nosas audiencias.
Só así poderemos recuperar algo do prestixio e a credibilidade que un día tivo este nobre oficio. Pola contra, o xornalismo estará ferido de morte. Tamén a democracia. E os que queren impor o seu dominio, matando antes a verdade, terán gañado. Non o permitamos.
Érika Reija, xornalista
Gañadora do XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58