Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 21:27:42 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación dá un paso máis na xestión 100% pública do consorcio provincial contra incendios

Carlos Font participa nunha xuntanza de coordinación coas deputacións de Lugo e A Coruña e destaca “o aval” dos resultados do cambio de modelo acometido o ano pasado

A Deputación  de Pontevedra move ficha para declarar como persoal laboral fixo indefinido ás 73 persoas que integran o cadro de persoal do Consorcio de Salvamento e Extinción de Incendios. Así o adiantou o deputado de Réxime Interior, Economía e Facenda, Carlos Font, durante a xuntanza de coordinación coas deputacións de Lugo e a Coruña, que tamén teñen xestión directa do servizo,  celebrada esta mañá na cidade amurallada. Dáse así un novo paso cara á calidade e o recoñecemento dos dereitos laborais nun servizo no que a Deputación xa emprendeu, o pasado 1 de xuño de 2021, o cambio dende o modelo anterior, de xestión privada, á xestión directa.

 

As tres deputacións que se implicaron no cambio de modelo, (en Ourense continúa privatizado cunha empresa concesionaria),  estudaron o alcance dunha recente sentenza, en unificación de doutrina, do Tribunal Supremo, a raíz da denuncia dunha traballadora do Concello de Pamplona. Esta sentenza senta os criterios a aplicar sobre o persoal subrogado polas Administracións. “Xa tiñamos decidido avanzar na estabilización do persoal e entendemos que esta sentenza firme do Supremo confirma que estabamos na dirección correcta”.

 

A postura da Deputación de Pontevedra ten sido acordada coa Xunta, socia ao 50% do Consorcio, en distintas conversas mantidas entre o deputado Carlos Lóps Font co director xeral de Emerxencias Santiago Villanueva na que se estudaron as mellores propostas para poder conseguilo. Este acordo implica que se inicie o procedemento para que as/os 73 traballadoras/es dos catro parques provinciais pasen a gozar da condición de persoal laboral fixo indefinido sen necesidade de pasar por un proceso selectivo e, ademais, con total seguridade xurídica.

 

As tres deputacións que optaron no seu día pola xestión pública do servizo de extinción de incendios en Galicia elaborarán agora un informe xurídico conxunto para encamiñar o proceso de cobertura das prazas e, para continuar avanzando, fixaron a celebración dunha nova xuntanza, xa estritamente técnica, a celebrar o próximo día 12 na Deputación de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.