VIGO
A Xunta colabora co Porto de Vigo na remodelación da súa fachada marítima
O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou esta semana na inauguración da nova pasarela, da que destacou que permitirá comunicar o porto coa cidade e ofrecer unha boa imaxe aos turistas que chegan a Galicia neste Xacobeo a través deste peirao
O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a importancia da colaboración co Porto do Vigo na remodelación do peirao co obxectivo de fomentar a mobilidade sostible na fachada marítima viguesa “abrindo a cidade ao mar e achegando o mar á cidade”. Como exemplo destacou o novo Paseo das Avenidas que se inaugurou hoxe nun acto xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
A nova pasarela -destacou- será ademais a primeira imaxe que teñan da cidade e de Galicia os milleiros de turistas que están a acceder á comunidade a través deste porto neste Xacobeo, incluídos os pasaxeiros dos cruceiros que fan escala no porto vigués.
O Goberno galego colabora coa Autoridade Portuaria de Vigo na humanización e mellora da mobilidade na fachada marítima con dous proxectos cos que ofrecer un espazo para desfrute tanto de veciños como de visitantes. Por unha banda, cunha senda peonil e ciclista no tramo do Berbés entre A Laxe e a entrada ao porto pesqueiro enlazando co paseo rematado na Avenida de Beiramar e, por outra, a humanización desta avenida facilitando precisamente tamén ese tránsito de peóns e ciclistas.
Alfonso Rueda destacou que se prevé acadar as 50.000 compostelas no que vai de ano nos vindeiros días, superando así as cifras acadadas no 2019 nestas mesmas datas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91