PROVINCIA
A desesperante espera das persoas con discapacidade para ter unha valoración axeitada
Unha ringleira de persoas denuncia fronte as instalacións do EVO de Vigo os retrasos que existen para a valoración da discapacidade
Baixo o lema #EsperaYDesespera, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) denunciou onte martes diante das instalacións do Equipos de Valoración e Observación da Discapacidade (EVO), a desesperante espera que milleiros de persoas levan vivindo dende hai anos por unha valoración a tempo e unha baremación actualizada.
Mediante a formación dunha ringleira de máis de trinta persoas que saía da porta principal do EVO, COGAMI quixo simbolizar e denunciar as intolerables esperas que deben asumir as persoas con discapacidade para poder acceder aos seus dereitos, causados aos retrasos existentes, tanto na valoración do grao de discapacidade como na implantación do novo baremo da discapacidade.
Este acto, organizado co motivo do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, contou en Vigo coa participación de representantes das entidades Federación Provincial COGAMI Pontevedra, Vontade de Baixo Miño, Asem Galicia, AVEMPO, Fibrose Quística, Agadhemo e persoas usuarias e profesionais do centro de recursos que COGAMI ten en Mos, xunto a persoas que permanecen á espera da súa valoración ou de que se renove o baremo actual, exixiron o fin desta situación.
COGAMI, COCEMFE nacional e o seu movemento asociativo exixen terminar coas esperas de ata 36 meses para ter a valoración e de 20 anos para renovar o baremo da discapacidade
Durante as intervencións, denunciouse que non recibir unha valoración ou unha revisión do grao de discapacidade a tempo, prexudica ás persoas con discapacidade no emprego, a educación, a accesibilidade, a saúde e tamén impide acceder a prestacións que compensan a desigualdade de oportunidades.
Dependendo da Comunidade Autónoma, o tempo de agarda é variable, pero incluso dentro dun mesmo territorio ou unha mesma provincia, atopamos diferencias notables ao respecto. Na mesma cidade, pódese atopar un tempo de espera medio de 11 meses e persoas que tardan ata 36 meses en conseguir ter a mesma valoración.
Nos casos máis graves detectados por COGAMI, COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) e o seu movemento asociativo, hai persoas que faleceron antes de ter a resolución, tendo que estar todo o tempo de espera sen recibir apoios no momento no que os precisaban. É importante concretar e apurar estes trámites para saber se as persoas con discapacidade van ter acceso ou non a certas medidas de apoio.
A todo isto, súmase o novo baremo da discapacidade, cunha espera que ascende a máis de 20 anos. É urxente poñer en marcha o novo baremos do grao de discapacidade, o cal foi consensuado por organizacións, o Goberno e as Comunidades Autónomas.
Un total de 18 filas repartidas por España fronte a edificios públicos protestaron na xornada de hoxe contra esta espera e o impacto que provoca no exercicio dos dereitos de milleiros de persoas
Este novo baremo non é o ideal porque non aporta certezas sobre o seu despregamento e non indica que elementos vai incorporar fronte aos grandes retrasos na valoración e revisión do grao de discapacidade e fronte á infradotación de recursos nos servizos, que dificulta e condiciona a implantación. Aínda así, é necesario que se poña en marcha porque incorpora melloras para o recoñecemento vinculadas á discapacidade orgánica, como a fatiga e a dor, enfermidades reumatolóxicas ou enfermidades que cursan con brote.
Esta fila forma parte da campaña #EsperaYDesespera á que se sumou COGAMI, como entidade membro de COCEMFE. De maneira simultánea, formáronse un total de 18 ringleiras fronte a edificios públicos repartidas por España para protestar contra esta desesperante espera e contra o impacto que provoca no exercicio de dereitos a milleiros de persoas.
Esta campaña está financiada a través das subvencións para a realización de actividades de interese xeral consideradas de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152