GALICIA
O novo sistema automatizado para a medición da calidade da auga da Xunta
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron esta semana no porto de Muros a unha demostración do funcionamento deste novo servizo que permite realizar mostraxes en augas marítimas costeiras e en encoros
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron esta semana no porto de Muros a unha demostración do programa Mar-2. Trátase dun sistema automatizado para a medición da calidade da auga, que é a primeira solución con vehículos non tripulados posta en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos.
Conde destacou que a Compra Pública Innovadora, foi a fórmula pola que apostou a Xunta e que fixo posible integrar as tecnoloxías non tripuladas e a prestación de servizos públicos. Neste caso, utilízase un sistema automatizado de mostraxes oceanográficas que opera a través dun vehículo aéreo non tripulado e dunha embarcación non tripulada equipados con sistemas de medición da calidade da auga para a toma de mostras, cunha plataforma para a administración e almacenamento de datos.
Rosa Quintana subliñou a importancia de incorporar as últimas tecnoloxías co obxectivo de facilitar o labor de estudo e control do medio mariño. Nesta liña, incidiu en que esta solución permite a recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma, o que mellora o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Augas de Galicia e o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia son as entidades usuarias desta innovadora solución, que xa está integrada nas súas operativas de traballo
Este tipo de dispositivos, explicou Rosa Quintana, permiten unha recollida de datos máis intensiva podendo actuar incluso en situacións de condicións meteorolóxicas e marítimas adversas. O obxectivo, destacou a titular de Mar en funcións, é mellorar os procesos na medida do posible e acadar unha maior eficiencia na realización dos labores de control e de seguimento do medio mariño de Galicia.
Así, esta innovadora solución -desenvolvida por unha Unión Temporal de Empresas formada pola multinacional Indra e polas pemes galegas Sistemas, Soluciones y Proyectos de Información e Adantia- xa está plenamente integrada nas operativas de traballo do Intecmar, de Augas de Galicia e do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
O Intecmar coordina as mostraxes coa embarcación na ría de Muros-Noia e realízanse cunha frecuencia semanal. Augas de Galicia está a realizar, con carácter trimestral, tomas de mostra co vehículo aéreo non tripulado nos encoros de Eiras, Caldas, Portodemouros, Barrié de la Maza, Santa Uxía, Ribeira, Eume e Forcadas e na contorna da ría de Vigo e o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia está a realizar a análise dos datos recibidos.
Conde explica que, no marco do Polo Aeroespacial, Galicia ten previsto investir 9,5M€ no desenvolvemento deste tipo de iniciativas que permiten aproveitar as vantaxes desta industria para favorecer o benestar da sociedade galega
Tal e como explicou Conde, a Xunta está a destinar neste momento 2,9 millóns de euros a solucións tecnolóxicas que se están despregando e incorporando na operativa dos servizos públicos da Xunta de Galicia e que se enmarcan dentro do primeiro período do Polo Aeroespacial. Xunto con Mar-2 inclúense iniciativas como o inventario forestal e a detección de afectación por pragas forestais, solucións de cartografía e usos do solo.
Ademais, xa está aberta unha nova licitación, por 6,5M€, para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas ás emerxencias sanitarias, así como á xestión forestal e dos recursos mariños.
En definitiva, un investimento total de 9,5M€ co que se queren aproveitar todas as vantaxes e solucións tecnolóxicas que ofrecen os vehículos non tripulados para ofrecer servizos públicos de calidade que respondan ás necesidades do día a día.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108