REDONDELA
Comezan os obradoiros 'Camiño da Lingua' en Redondela
A iniciativa, posta en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística que dirixe a alcaldesa Digna Rivas e concibida como “un xogo arredor da lingua”, achega cultura, tradicións e sociedade a través do vínculo común do noso idioma
![[Img #75705]](https://xornal21.com/upload/images/05_2022/635_camino-da-lingua2.jpg)
Dende o pasado luns, 2 de maio e até o vindeiro día 12 de maio, alumnos e alumnas de primaria dos colexios de Redondela, participan nos obradoiros 'Camiños da Lingua', unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas e dentro das actividades encamiñadas a celebrar o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Un xogo arredor da lingua.
'Camiños da Lingua' leva aos cursos de primaria unha actividade didáctica, lúdica e participativa concibida como “un xogo a través da lingua” e a través do que búscase que nenos e nenas aprendan distintos aspectos relacionados coa lingua –como poden ser vocabulario, refráns, cantigas...– pero que tamén lles permita coñecer a historia da cultura e da sociedade galega en xeral e da de Redondela en particular.
Serán, en total, 16 obradoiros nos que participarán os colexios de primaria de Quintela, Laredo, Cedeira, Porto Cabeiro, Alexandre Bóveda, Reboreda e Santa Mariña.
“É importante que as nosas nenas e nenos coñezan non só o idioma que nos é propio e que nos identifica como pobo, senón tamén a cultura e a historia de Galicia e Redondela que forman parte da nosa propia identidade”, afirma a alcaldesa Digna Rivas para que, “o único xeito de conservar o noso idioma e mantelo vivo a través do tempo, é que as e os máis pequenos o coñezan e o utilicen”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185