Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar pon en funcionamento un punto de recarga gratuito para dous vehículos

O Concello de Gondomar c ven de poñer en marcha un cargador para vehículos eléctricos situado no aparcadoiro da policía local.


Este cargador dispón de dúas tomas de carga rápida e poderá ser utilizado de forma gratuita durante un periodo máximo de dúas horas.

 

O rexedor local destaca que “ esta acción nos permitirá ofrecer un servizo tanto aos  vehiculos eléctricos ou híbridos enchufables de persoas de Gondomar, como tamén ofrecer un servizo a aqueles que nos visiten”. Por tanto “esta acción ten unha dobre vertente; loitar contra o cambio climático e apoiar ao comercio e a hostalería locais”.


Para poder acceder o uso de recarga será necesario descargarse unha APP. Durante o próximo mes, no que o punto de recarga estará nun periodo de probas, será necesaria a retirada dunha tarxeta de acceso que se poderá recoller nas dependencias da Policía Local.

 

O alcalde Paco Ferreira anunciou tamén que “xa se iniciaron os trámites para a solicitude a través de fondos europeos da instalación de outro punto de recarga que se situaría no entorno do pavillón de deportes”.

 

“Asimesmo nunha segunda fase, estes puntos de recarga serán alimentados a través de placas solares, dentro dun ambicioso proxecto de eficiencia enerxética do Concello de Gondomar que permitirá que diferentes instalacións municipais sexan abastecidas por fontes de enerxía 100% limpas.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.