Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 18:21:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Bambú producciones nominada pola serie “Un asunto privado”

A institución provincial, na súa estratexia de promoción como destino de rodaxes no marco da Pontevedra Provincia Film Commision, cedeu o Pazo Provincial para acoller escenas da serie, que se estreará proximamente en Prime Vídeo para 240 países

A Deputación de Pontevedra vén de amosar a súa alegría e orgullo tras coñecer que “Un asunto privado”, de Bambú Producciones, competirá pola Ninfa de Ouro na categoría de ficción do Festival de Monte Carlo, o festival máis recoñecido de televisión en Europa, que se desenvolverá entre o 17 e o 21 de xuño. A institución provincial, na súa estratexia de promoción como destino de rodaxes no marco da Pontevedra Provincia Film Commission, cedeu o Pazo Provincial de xeito gratuíto e áxil para acoller escenas da serie, que se estreará proximamente en Prime Vídeo en máis de 240 países. Xunto ao Pazo, foron tamén escenarios de rodaxe da serie as cidades de Pontevedra, Vigo, Tui, así como Combarro, Fornelos de Montes e Baiona.

 

Para a Deputación de Pontevedra a nominación de “Un asunto privado”, producida pola pontevedresa Teresa Fernández-Valdés a quen trasladou a felicitación, é un revulsivo para seguir apostando pola promoción de Rías Baixas como lugar de rodaxes de proxectos audiovisuais e cinematográficos no marco da Pontevedra Provincia Film Commission. Con este servizo público e gratuíto a institución provincial pretende incrementar o posicionamento da súa  imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o crecemento económico da provincia, asesorando a empresas e profesionais do sector audiovisual que desexen rodar en Pontevedra, facilitándolles todos os trámites e necesidades para poder realizar os traballos.

 

 “Un asunto privado” foi rodada na provincia en plena pandemia, entre  outubro de 2020 e mediados do 2021.  Sen ser aínda estreada xa ten sido nominada na 61 edición do Festival de Monte Carlo, converténdose na única española na competición oficial. Así, pelexará pola “Ninfa de Ouro” contra Ida´s Novel” (Hungría), “Made in Oslo” (Noruega), “Martha Liebemann” (Alemaña), “The Offer” (EEUU), “The terminal list” (EEUU), “The Tourist” (Gran Bretaña), “Torm” (Islas Feroe) e “Vincenzo Malinconico, Avvocato D´Insuccesso” (Italia).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.