PROVINCIA
A Xunta aproba o investimento de 4 m€ para as depuradoras de Nigrán, Soutomaior e Gondomar
O Goberno galego mantén o apoio ás entidades locais nas súas competencias, garantindo o funcionamento destas instalación durante os dous vindeiros anos, tras destinar desde 2005 máis de 23,7 M€ á xestión destas tres depuradoras municipais
O Consello da Xunta aprobou hoxe o investimento de preto de 4 millóns de euros para dar continuidade á cooperación cos concellos de Nigrán, de Soutomaior e de Gondomar, na xestión e explotación das estacións depuradoras de augas residuais destes tres municipios.
Coa aprobación dos acordos polos que se autorizan as prórrogas dos correspondentes contratos, o Executivo autonómico mantén o seu apoio ás entidades locais nas súas competencias de saneamento e abastecemento, autorizando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, a unha nova prorroga do servizo que garante o funcionamento destas infraestruturas municipais.
Estes tres concellos do sur da provincia de Pontevedra teñen cedido á entidade hidráulica da Xunta o servizo de mantemento destas plantas de tratamento de auga residuais desde o ano 2005, en cuxa xestión o Goberno galego leva investido un orzamento global de máis de 23,7 millóns de euros.
O detalle dos contratos
Coas autorizacións de hoxe, a Xunta renova estas tres concesións para os vindeiros 24 meses, estendéndoa ata o 30 de maio de 2024.
Máis en detalle, o Consello da Xunta autorizou hoxe destinar máis de 1,8 millóns á prorroga do contrato do servizo de mantemento da estación depuración municipal de Nigrán, á que o Goberno galego leva destinados desde o ano 2005 un orzamento de máis de 9,7 millóns de euros. Esta depuradora municipal está deseñada para o tratamento dun caudal medio de 19.600 m³/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 70.000 habitantes equivalentes.
No caso do concello de Soutomaoir, a prórroga do contrato de xestión de servizo público da depuradora de Arcade suporá unha achega da Xunta de preto de 770.000 euros. Este orzamento engádese aos máis de 4,8 millóns de euros que leva achegados a Administración autonómica á explotación da planta de augas residuais de Arcade, deseñada para o tratamento dun caudal medio de 2.592 m³/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 8.621 habitantes equivalentes.
No caso da prórroga de xestión da depuradora de Gondomar, o acordo autorizado hoxe pola Xunta suporá destinar un investimento de case 1,4 millóns de euros á explotación desta infraestrutura. Desde o inicio da colaboración con este municipio, a Xunta leva investidos case 9,2 millóns de euros na xestión da depuradora, proxectada para o tratamento dun caudal medio de 6.720 m³/día e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 24.000 habitantes equivalentes.
As tarefas
A explotación e mantemento das infraestruturas hidráulicas teñen como obxectivos garantir a correcta depuración das augas residuais e ofrecer uns servizos que respondan ás necesidades reais da poboación.
A cooperación da Xunta con estes tres concellos permite a mellora da calidade de vida das poboacións asentadas entorno ás rías, o aumento da competitividade económica e o fomento do turismo, así como a mellora da produtividade no sector marisqueiro.
Estas tarefas comprenden as accións necesarias para o funcionamento axeitado das instalacións de forma ininterrompida co fin de acadar uns índices de depuración que cumpran os límites establecidos na normativa de aplicación.
Coas autorizacións de hoxe, o Executivo autonómico continuará asumindo o funcionamento destas instalacións, deseñadas no seu conxunto cunha capacidade de depuración para unha poboación de máis de 100.000 habitantes

Os traballos inclúen a retirada nas debidas condicións hixiénicas, o transporte e a vertedura de graxas, areas e residuos das reixas e tamices, o desecado dos lodos producidos e a conservación en bo estado da totalidade dos elementos, instalacións e equipos da planta.
A prestación dos servizos de saneamento, abastecemento e depuración son de responsabilidade municipal. Non obstante, a Xunta de Galicia vén proporcionando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen na prestación destes servizos.
Na actualidade o organismo hidráulico da Xunta encárgase de xestionar 28 estacións depuradoras de augas residuais.
O Goberno galego impulsou a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, agora mesmo en trámite parlamentario e que se prevé que entre en vigor en verán. A través desta Lei, a Xunta porá á disposición dos concellos ferramentas para profesionalizar os servizos da auga e un sistema voluntario para garantir unha xestión de calidade, respondendo ás carencias derivadas das dificultades técnicas e financeiras que teñen moitos municipios na xestión da auga.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152