Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 08 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Visita ás obras de rehabilitación do Centro Social A Devesa

Esta semana a Concelleira de Ensino, Benestar Social, Sanidade e Voluntariado Ángela Ledo Souto e Alcaldesa Verónica Tourón visitaron as obras de Rehabilitación do Centro Social da Devesa que se iniciaron xa no pasado mes de abril.


Este proxecto de rehabilitación conta cun orzamento de 673.674 euros, dos que a Deputación achega directamente o 80% (538.939 euros) mentres o Concello asume o 20% restante a través do financiamento do Plan Concellos 2022-2023.


Esta actuación supón a remodelación definitiva do espazo urbán do Campo da Feira da Devesa, coa dotación de novos equipamentos sociais representados na remodelación integral do Centro Social de A Devesa construído no ano 1962.


O obxectivo desta reforma integral e dotar ao Centro Social dunha maior eficiencia enerxética e aportar unha maior comodidade, accesibilidade e funcionalidade aos colectivos sociais e asociacións que alí desenvolven as súas actividdades.


Verónica Tourón, Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo: “Coa reforma do Centro Social da Devesa Salceda contará cunhas instalacións propias do século XXI que contribuirán á modernización das dotacións municipais para dar servizo á veciñanza que forma parte das asociacións de carácter social do noso concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.