Mos
Os 5 equipos femininos da UD Mos quedan campións en 3 ligas
As 116 xogadoras recibiron esta tarde no Multiusos unha merecida homenaxe
Esta tarde celebrouse no Multiusos das Pozas a recepción ás 116 xogadoras dos 5 equipos da U.D. Mos Feminino polos excelentes resultados acadados nesta tempada.
O acto estivo presentado por Cristian Taibo, Director Deportivo da U.D. Mos, e contou coas intervencións dunha xogadora das categorías inferiores, Claudia Rodríguez Campo, da nai dunha xogadora, Mercedes Jorge, dun dos adestradores do U.D. Mos, Feminino, Telmo González, e a participación das veteranas deportistas de élite Verónica Romero e Soledad Castro. Verónica Romero, alpinista, atleta, corredora de trails… etc. e Soledad Castro, atleta Medalla ao Mérito do Concello de Mos e cun pavillón municipal, o de Pena de Francia, co seu nome.
As xogadoras homenaxeadas contaron tamén cun vídeo sorpresa de Vero Boquete. A santiaguesa Verónica Boquete é futbolista centrocampista na Associazione Calcio Firenze Fiorentina da Serie A de Italia. Foi internacional coa selección española, da cal chegou a ser capitá. Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, e desde 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa que loita a favor da reintegración social da infancia.
Tamén lles dedicaron unhas palabras ás galardoadas Pablo Serodio, Presidente Unión Deportiva Mos, Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos e Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade, que pechou o acto. Estiveron presentes ademáis Fernando Iglesias, Vicepresidente Real Federación Galega de Fútbol e Daniel Benavides, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra.
O UD Mos Feminino vén de despuntar na presente tempada, logrando estas excepcionais xogadoras erixirse campioas en 3 das 5 ligas na que participaron e lograr a permanencia en Primeira Nacional.
Foron campioas da Liga Galega Infantil, campioas da Liga Galega Promesa, o UD Mos Feminino B foi campión de Segunda Autonómica Feminina, as cadetes foron quintas clasificadas na Liga Galega Cadete e o UD Mos Feminino Senior, logrou o 10º posto en Primeira Nacional Feminina, asegurando a permanencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184