GALICIA
Galicia e Dinamarca estudan posibles sinerxías entre os seus modelos de valorización de residuos
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático e o presidente de Sogama visitaron esta semana a planta de valorización enerxética de CopenHill
Galicia e Dinamarca estudan impulsar posibles sinerxías en materia de valorización de residuos a través do intercambio de información e de experiencias a nivel técnico entre o complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, e a planta de CopenHill, en Copenhague, dúas instalacións punteiras e de referencia en toda Europa.
A tal fin, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta, Sagrario Pérez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, acompañados por técnicos da empresa pública galega, visitaron in situ as instalacións de CopenHill, unha infraestrutura pública que, ademais de proporcionar luz e calor á poboación mediante a conversión dos residuos non reciclables en enerxía —seguindo o modo de funcionamento de Sogama—, tamén foi concibida como área social e de lecer, contando para isto con pistas de esquí na cuberta, un rocódromo artificial na súa fachada —o máis alto do mundo— e camiños bordeados de árbores.
Este encontro entre responsables da planta danesa e da galega enmárcase na viaxe institucional a Dinamarca que realizou a conselleira en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o pasado mes de novembro, e durante a que as autoridades de ambas rexións acordaron manter novos contactos para poñer en común as particularidades de cada modelo de xestión de residuos e estudar posibles sinerxías.
Estes contactos a nivel técnico enmárcanse na visita institucional da conselleira de Medio Ambiente ao país nórdico o pasado novembro, durante a que as autoridades de ambas rexións acordaron compartir información e explorar liñas de colaboración
Neste sentido, é preciso lembrar que as dúas infraestruturas industriais destacan pola súa modernidade e alta eficiencia, así como pola incorporación aos seus procesos das últimas tecnoloxías dispoñibles, o que lles permite levar a cabo unha xestión punteira e sostible dos residuos urbanos, logrando compatibilizar a actividade industrial coa protección do medio ambiente e da saúde.
Logo da visita á planta de CopenHill, tamén coñecida como Amager Bakle, a delegación da Xunta trasladouse á sede de State of Green, unha asociación público-privada sen ánimo de lucro cuxo labor se orienta ao fomento das relacións internacionais para identificar puntos de encontro que contribúan á transición verde.
Alí Javier Domínguez e Sagrario Pérez reuníronse con membros da Axencia danesa de Medio Ambiente, que lles explicaron o marco legal da xestión e tratamento dos residuos municipais no seu país.
A xornada concluirá cunha visita a AFATEK, unha instalación de recuperación de escouras onde se separan o 90% dos metais presentes nas mesmas para propiciar o seu posterior reciclado, reutilizando o resto como grava de escoura, que pode substituír grava recentemente extraída na construción de estradas, por exemplo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217