Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán ofrece un curso gratuíto de manipulador de alimentos e atención ao cliente

É imprescindible estar empadroado en Nigrán e terán prioridade as persoas desempregadas. Desenvolverase do 23 ao 25 de maio e o prazo de inscrición está aberto ata o 16 de Maio

O Concello de Nigrán ofrece para a súa veciñanza un curso gratuíto de 'Hixiene, manipulador de alimentos e técnicas de venda' na hostalaría dirixido prioritariamente a desempregados (en caso de non cubrirse as prazas admitiríanse persoas empadroadas que si estean traballando). A duración do mesmo será de 10 horas e desenvolverase o 23, 24 e 25 de maio no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52- Nigrán). O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de maio, ben a través de Rexistro ou Sede Electrónica. Toda a información está pendurada na web no apartado 'Taboleiro de Anuncios'.

 

"Os servizos técnicos do Concello consideraron moi convinte a realización deste curso ante a previsión de que aumente a demanda destes perfís laborais, sendo ademais obrigatorio dispor do carné de manipulador de alimentos se vas a traballar na hostalaría", explica o alcalde, Juan González, quen avanza que nas vindeiras semanas serán ofertadas máis accións formativas que permitan aumentar a empleabilidade dos veciños en paro tendo en conta a demanda no  municipio.

 

Neste caso, o criterio de selección dos participantes seguirá un baremo no que contará ter formación relativa ao curso ou experiencia laboral ao respecto e, finalmente, en caso de empate seleccionarase por orde de inscrición.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.