Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Pintura solidaria a favor dos nenos refuxiados de Ucraína no Pazo de Mos

A artista plástica Malís doa o 100% do recadado coa venda das súas obras a Aldeas Infantiles

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou onte pola  tarde na inauguración da mostra solidaria da pintora Malís, Alicia Sarmiento.

 

A exposición presentouse  no Pazo de Mos e consiste nun proxecto solidario no que colabora a Fundación Pazo de Mos.

 

Coa venda das obras expostas recadaranse fondos destinados á entidade Aldeas Infantiles para o seu proxecto con nen@s refuxiad@s de Ucraína.

 

Trátase dunha exposición solidaria que consta de aproximadamente 50 pezas de arte, de maior e menor tamaño, cun prezo de inicio para os máis pequenos de 15 euros, que se poderá aumentar segundo a cooperación que cada unha das persoas asistentes estea disposta a dar pola causa.

 

A Fundación Pazo de Mos, ao fin de colaborar no desenvolvemento de proxectos de promoción de arte e cultura en todas as súas formas, está gratamente sorprendida con esta iniciativa, dada a súa vertente social, educativa e transformadora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.