Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Reunión do xurado profesional para valorar as 6 propostas a letra do Himno de Mos

Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte deste xurado

Esta tarde reuniuse o xurado profesional para valorar as 6 propostas candidatas a letra do Himno de Mos. Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte deste xurado. Os demais membros deste xurado son:

 

  • Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.

  • Xulio Lorenzo, compositor da partitura do Himno de Mos.

  • Xaime Estévez, compositor e mestre de Música.

  • Jacobo Gaspar, compositor e vicedirector do Conservatorio de Vigo.

  • Juan Durán, compositor e subdirector xeral de Ensinanzas de Réxime Especial de Música de Galicia (conéctase de modo telemático desde A Coruña).

  • Técnico/a municipal (secretario/a do xurado), Alba Bugarín.

  • Uxía e Javier Baquero, que non puideron estar hoxe presentes, emitiron a súa acta de voto por escrito.

 

 

O procedemento de votación popular permanecerá aberto ata o vindeiro domingo 15 de maio ás 12 da noite. A cidadanía aínda pode votar a candidatura para escoller a letra do himno de Mos. Un total de 6 cancións aspiran a converterse na letra do himno do Concello de Mos, composición musical autoría do gaiteiro de Louredo, Xulio Lourenzo, que carecía de letra. O temas coas 6 letras diferentes poden lerse e reproducirse para escoitalas nunha sección habilitada a tal fin na páxina web municipal á que se pode acceder a través da seguinte ligazón: https://www.mos.es/votar-candidatura-para-elegir-a-letra-do-himno-de-mos/ Todas as persoas interesadas en votar por algunha das candidaturas aspirantes deben votar cubrindo un formulario no que especifiquen nome, apelidos, enderezo e o número asignado ao participante ao que lle queren dar o seu voto.

 

As propostas son anónimas para que a votación sexa o máis ecuánime, xusta e imparcial posible. Todas elas están cantadas pola mesma voz para este proceso de votación, en aras de evitar que voces diferentes puidesen influír tamén na decisión dos votantes. O encargado de cantalas todas é o compositor e cantante Raúl Ben, que por suposto non participa no concurso.


A semana do 16 de maio votarán os voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal.
A proposta gañadora extraerase sumando as porcentaxes de puntuación do seguinte xeito: Xurado Profesional (50 % da puntuación), Corporación (25% da puntuación) e Xurado Popular (25% da puntuación). A letra que resulte vencedora aprobarase oficialmente en Pleno o 30 de maio.

 

XURADO
Xurado Profesional (50 % da puntuación).
Corporación (25% da puntuación):
Esta puntuación acadarase a través dunha mesa de traballo formada por cada un dos voceiros de cada partido político.


Xurado Popular (25% da puntuación):
Poderán votar todas aquelas persoas que o desexen. Só será contabilizado un voto por persoa e unicamente poderase votar a través da aplicación específica "A letra do noso himno" creada para tal fin, e que estará vinculada única e exclusivamente á web municipal.


A decisión do xurado é inapelable, polo que non poderá ser obxecto de recurso de ningún tipo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.