Galicia
Alfonso Rueda proclamado presidente da Xunta
O candidato do PPdeG recibiu os votos do seu grupo, 41, fronte aos 33 en contra que lle deron os deputados do BNG e PSdeG
Alfonso Rueda recibiu hoxe a confianza do Parlamento Galego cos votos do seu partido, o PPdeG, para ser o novo presidente da Xunta de Galicia, cargo do que tomará posesión o vindeiro sábado día 14.
![[Img #75899]](https://xornal21.com/upload/images/05_2022/1147_220512_pterueda_debateinvestidura_dcs_17.jpg)
Será o sexto presidente autonómico de Galicia, sen o apoio dos grupos da oposición, BNG e PSdeG, cuxos portavoces defenderon a súa alternativa a Rueda, en quen ven "o pasado" de Galicia.
Rueda recibiu 41 votos a favor en lugar de 42, xa que o portavoz do grupo do PPdeG, Pedro Puy, sufriu unha indisposición tras a súa intervención no debate.
Na sesión cada un grupo se centrou en deixar a súa mensaxe e coas dúas forzas da oposición reivindicándose como alternativa. Rueda ironizou coa "investidura dos mundos de yupi" de Pontón, que mostrou a súa cara máis 'presidencial', mentres lle lembraba que o candidato este xoves era el.
O candidato deixou claro que non renuncia á herdanza do seu antecesor e que prevé seguir a liña que iniciou Feijóo co "aval" dos galegos nas urnas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217