Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 13 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Os deseñadores noveis poden inscribirse no concurso das Palilleiras de Mos ata o 24 de maio

A segunda edición de ‘DESFILAMOS’ terá lugar no Pazo de Mos o 17 de setembro

[Img #75907]As novas xeracións do deseño de moda teñen ata o 24 deste mes para inscribirse no Concurso de Noveis Deseñadores convocado pola Asociación de Palilleiras de Mos por segundo ano consecutivo.

 

Os interesados en participar poden contactar a través do enderezo de correo electrónico desfilamos@gmail.com

 

A entrega de premios e desfile de exposición das coleccións presentadas a concurso realizarase na contorna do Pazo de Mos o 17 de setembro, nunha cita coa moda e o encaixe de bolillos bautizada xa na pasada edición como ‘DESFILAMOS’.

 

A iniciativa ten o obxectivo de poñer en valor o encaixe no Camiño de Santiago, está organizada polas Palilleiras de Mos e en 2021 contou con preto de 300 persoas entre o público.

 

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos na contorna do Pazo de Mos, que acollerá en setembro o desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores.

 

Esta iniciativa das Palilleiras de Mos ten por obxectivo impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, e tamén ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.