Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 15 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Malvela presenta seu último disco, gravado en Mos, o Día das Letras Galegas

O Benquerer sae á luz o 17 de maio no Auditorio do Centro Dotacional

O primeiro concerto do novo disco de Malvela, o Benquerer, celebrarase como conmemoración do Día das Letras Galegas en Mos (que este ano se lle dedica a Florencio Delgado Gurriarán) e está enmarcado no Xacobeo 21-22.

 

Deste xeito o grupo, ademáis de gravar o disco na súa localidade de orixe, lanza o traballo tamén nela. Farao no Centro Dotacional de Torroso o vindeiro 17 de maio ás 19.00 horas con entrada de balde ata completar aforamento.

 

[Img #75912]O emblemático grupo mosense, Malvela, que conta coa cantante Uxía como a súa principal valedora, será o protagonista das Letras en Mos con este concerto presentación, con motivo do lanzamento do seu novo disco, ‘O Benquerer’.

 

A gravación deste novo traballo foi realizada en dúas xornadas desenvolvidas os pasados 27 e 28 de decembro, tamén nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso, que alberga a Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Mos.

 

Ademais de presentar novo disco, as mosenses locerán novo vestiario, con novos deseños e confección.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quixo desexarlle ao grupo “todo o mellor nesta nova andadura musical” e felicitounas pola súa extensa e exitosa carreira e por ser “auténticos exemplos de mulleres rurais empoderadas, artistas e profesionais dun sector, o musical, aínda con predominancia masculina”.

 

E asegurou a rexedora local mosense que “é unha honra e un verdadeiro orgullo poder telas connosco en Mos para conmemorar as Letras Galegas por todo o alto, sendo testemuñas do nacemento dun novo disco, O Benquerer, que de seguro será aclamado polos amantes da nosa música tradicional”. É por elo que lles agradeceu enormemente que estean presentes nesta vindeira cita musical conmemorativa do Día das Letras.

 

O grupo musical Malvela é un dos principais emblemas culturais do Concello de Mos, promotor da tradición galega e mosense, e da identidade cultural e musical senlleira. Por elo este concerto é ideal para celebrar o Día das Letras Galegas en Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.