Toma de posesión dos conselleiros do Executivo galego
Rueda: "Galicia contará co equipo máis experimentado"
Rueda destaca a traxectoria contrastada de servizo público dos conselleiros e agradece a disposición de todos eles a seguir traballando con fluidez, “intentando entender como é Galicia para facer as cousas ben, co mesmo impulso e ilusión”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que Galicia contará co equipo “máis experimentado” para afrontar, nesta nova etapa, os retos presentes e futuros da nosa Comunidade.
Profesionais cunha traxectoria contrastada de servizo público e que “levan moitos anos demostrando talento, inconformismo e unha capacidade de traballo a proba de todo”, dixo, durante o acto de toma de posesión dos conselleiros, aos que agradeceu a disposición de todos eles a seguir traballando con fluidez, “intentando entender como é Galicia para facer as cousas ben, co mesmo impulso e ilusión”.
Nesta liña, Rueda aseverou que os axustes feitos “non son para emendar nada”, senón para reforzar e complementar, co fin de afrontar os retos de futuro coas máximas garantías. Así, precisou que a coordinación de toda a área económica do Goberno volve a estar nas mans do vicepresidente primeiro, Francisco Conde.
Por outra banda, salientou que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes estará dirixida por Diego Calvo, de quen destacou a súa experiencia e capacidade para traballar en equipo.
Turismo, Formación Profesional e Xuventude
Ao longo da súa intervención, o titular do Executivo galego resaltou que as competencias de Turismo elévanse á Presidencia da Xunta, para realzar o seu carácter transversal. “Pedirei que neste ano tan decisivo para Galicia, no eido turístico, todas as consellerías se impliquen especialmente, para que este sector sexa un puntal no despegue económico”, abundou, referíndose tamén ás tres consellerías que cambian de nome: a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Consellería de Política Social e Xuventude.
Sobre este punto, explicou que a FP gaña peso no organigrama do Executivo para seguir dándolle a relevancia e potenciación que esixen os novos retos; “ao igual que todas as inquedanzas da xuventude, piar fundamental da Comunidade, e que a promoción do emprego”, engadiu.
Consciente da responsabilidade e nivel de esixencia que supón formar parte do Goberno da Xunta, Alfonso Rueda incidiu en que o novo Executivo seguirá a traballar para o interese xeral dos galegos e para responder aos retos da Comunidade. “Ofrecemos un compromiso sen límites para axudar a que siga progresando un pobo sen límites”, sentenciou, recordando que, fronte a un contexto marcado polas incertezas, Galicia está respondendo con enteireza e determinación.
“Resistimos a pandemia mellor que ningunha outra comunidade, tanto a nivel sanitario como social e económico; e estamos captando novos investimentos e facendo o que está nas nosas mans para protexer o tecido económico ante as incógnitas a nivel nacional e internacional”, concluíu.
O novo Goberno galego manterá a estrutura de dúas vicepresidencias – a Vicepresidencia primeira será agora a económica - e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos. Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo.
Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea.
En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías.
![[Img #75943]](https://xornal21.com/upload/images/05_2022/172_220516_pte_tomaposesionconselleiros_dcs_2.jpg)
A estrutura da nova Xunta
Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López
- Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
- Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González
- Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza
- Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña
- Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez
- Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
- Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217