Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Detido o presunto autor de varios roubos no centro urbano do Porriño

Ao home, de 36 anos de idade, foi interceptado tras roubar e causar cuantiosos danos na Praza de Abastos Municipal. Investígase como presunto autor de varios delitos de roubo con forza, entre eles, o cometido na Capela de San Benito

Un operativo conxunto de Garda Civil e Policía Local do Porriño culminou hoxe coa detención do presunto autor de varios roubos con forza no centro urbano.

 

O detido, un veciño do Porriño de 36 anos de idade, está investigado por un delito continuado de roubo con forza, como presunto autor de máis de 20 roubos no termo municipal. Entre os feitos que se lle imputan están roubos e danos en vehículos, locais comerciais, destrozos no cemiterio municipal e tamén na Capela de San Benito.

 

O pasado mércores, foi detido e posto a disposición xudicial, decretando o xulgado a súa posta en liberdade. Finalmente, esta madrugada foi interceptado polos axentes esta noite tras roubar e causar cuantiosos danos na Praza de Abastos Municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.