Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos sóbese de novo ao bus do teatro

Súmase por segunda vez á iniciativa do Centro Dramático Galego que subvenciona o transporte á Estrada para asistir a ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ de Avelina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos proponse unha nova actividade cuxo prazo de inscrición atópase xa aberto.

 

Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo por segunda vez en Mos e pretende achegar o teatro á veciñanza mosense e para elo os interesados poderán contar con transporte gratuíto para asistir a unha obra profesional na Estrada, tendo que aboar únicamente 3 euros por persoa en concepto de entrada. Esta interesante actividade conta con subvención do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

 

A  obra da que poderán gozar os participantes na iniciativa é ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, de Avelina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. Trátase dunha producción do Centro Dramático Galego que se representa no Teatro Principal de A Estrada.

 

A iniciativa leva por título ‘Sobes ao autobús do teatro?’ e atópase incluída no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

 

A data en que se realizará a actividade será o 4 de xuño con hora de saída ás 18:30 horas e lugar de saída desde o Multiusos das Pozas. A hora de regreso será ás 22:30 horas.

 

O prezo da entrada é de 3€ e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar o total de 50 prazas dispoñibles. Trátase dunha actividade para maiores de 18 anos.

 

Para máis información e inscricións, na Sede Electrónica ou na oficina de Participación Cidadá (OMIX) do Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.