GALICIA
A Xunta duplica as prazas para desfrutar dun verán en familia nas residencias
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a RTL de Panxón
A Xunta duplicou este ano as prazas para desfrutar dun verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño ata un total de 2.000. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta mañá a residencia de Panxón, en Nigrán, para anunciar a publicación desta convocatoria, que terá lugar mañá xoves no Diario Oficial de Galicia.
A conselleira concretou que o pasado ano o Goberno galego limitou o aforo nestas estadías por mor da covid-19. Este ano, apuntou, a situación epidemiolóxica permite recuperar os niveis de ocupación de anos anteriores para permitir que máis familias vivan unhas vacacións en familia nestas instalacións durante os meses de xullo, agosto e setembro. O período para solicitar praza abrirase este venres e será de 10 días hábiles, é dicir, ata o 2 de xuño.
O Goberno galego volveu ampliar o aforo destas instalacións logo de limitalo o ano pasado por mor da covid-19
Fabiola García salientou que, ao igual que o ano pasado, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta adiantou un mes a publicación desta convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán.
Obras en RTL de Panxón
O Goberno galego realizou importantes obras de mellora na Residencia de Tempo Libre de Panxón durante o último ano. En concreto, investiuse preto de 300.000 euros para a substitución da cuberta e en realizar melloras nos vestiarios para o seu uso por parte do persoal do centro. Deste xeito, segue mellorando as súas infraestruturas para ofrecer unha atención da mellor calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103