GALICIA
Novas axudas para a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego
Dirixidas a pemes comerciais de menos de 20 traballadores e a obradoiros de artesanía, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 24 de maio e o 23 de xuño
A Xunta de Galicia, destina seis millóns de euros ao programa para impulsar a transformación dixital e a modernización do comercio galego de proximidade e do sector artesán. Esta orde de axudas, da que se poden beneficiar pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros de artesanía, incrementa nun 20% o seu orzamento con respecto ao ano pasado.
A través desta iniciativa, búscase apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite todas as oportunidades tecnolóxicas e do contexto actual para conectar co cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada, adaptada ao novo consumidor. O obxectivo é que a mobilización público-privada acade os nove millóns de euros.
Concederanse axudas de ata 17.600 euros no ámbito da dixitalización e de ata 5.600 euros para a adquisición de equipamentos
O programa, cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, recolle dúas liñas de actuación. A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do posicionamento previo dos beneficiarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física. Entre as actuacións subvencionables están a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de márketing dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas que se poden obter neste apartado é de 17.600 euros.
![[Img #75981]](https://xornal21.com/upload/images/05_2022/6343_p05_in_2.jpg)
Por outra banda, a través da liña de modernización, pódense acadar apoios de ata 5.600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal. O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 24 de maio ao 23 de xuño, tras a publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 23 de maio.
Apóianse actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, márketing dixital, loxística ou xestión de redes sociais, ademais da compra de equipos informáticos
Participación e organización de feiras de artesanía
Ao mesmo tempo tamén se poderán solicitar as axudas para un segundo programa, centrado no fomento da comercialización da Artesanía de Galicia. Dotado con 265.000 euros, esta convocatoria da Administración autonómica inclúe apoios de ata 8.000 euros para os obradoiros artesanais que participen en feiras nacionais ou internacionais. Pola súa banda, os concellos e as asociacións profesionais e empresariais artesanais que organicen feiras no ámbito de Galicia poderán obter axudas de ata 15.000€ e 18.000€, respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103