Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Xornal21.es
Viernes, 20 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva destaca o emprendemento como claves para aproveitar os fondos Next Generation

No II Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación de Asime, a presidenta da Deputación avoga por “traballar xuntas e xuntos” para sacar o máximo rendemento ás posibilidades de transformación e deixar de lado o ruído, “que xa non sirve para nada”

“Un período histórico complexo no que nos enfrontamos a un cambio de paradigma socioeconómico e medioambiental que temos que enfrontar desde o coñecemento e a innovación”. Así foi como a presidenta da Deputación, Carmela Silva, definiu hoxe a realidade actual no II Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación, organizado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnolóxicas Asociadas de Galicia (Asime). Unha situación para a que se mostran vitais os Fondos Next Generation para a recuperación, cuxas oportunidades históricas poderán aproveitarse ao máximo en Galicia grazas “ao talento e a cultura do emprendemento” que existe no territorio.

 

Carmela Silva participou na apertura institucional, nunha mesa na que tamén estiveron a vicepresidenta de Asime, Rebeca Acebrón; a directora territorial de Banco Santander, Rocío Pazos; o director xeral do Igape, Fernando Guldrís, e o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades. Nesta segunda edición do foro abordáronse as oportunidades que se presentan a través de proxectos estratéxicos como os PERTEs, a nova convocatoria de Horizonte Europa ou outros instrumentos para canalizar o financiamento europeo para a recuperación, que deixará en España 140.000 millóns de euros para reparar os danos económicos e sociais causados pola pandemia.

 

 

 

 

Lembrou que non hai futuro “sen política industrial e sen innovación”, e mostrouse optimista “xa que as empresas galegas levan tempo enfrontándose á “dixitalización” e implementando o fundamental para “persistir, crecer e liderar eses cambios”

 

 

 

 

Ademais, neste encontro, a presidenta provincial declarouse “optimista” ante a situación que se presenta, pois as empresarias e empresarios da provincia teñen “proxectos potentísimos e grandes ideas”, polo que xa hai tempo que están implementando todo aquelo que é fundamental para “persistir, crecer e liderar os cambios aos que nos enfrontamos”. Nese sentido, lembrou o proxecto IN 4.0., que desenvolveu a Deputación a proposta de Asime e que tiña por obxectivo analizar as necesidades do sector naval para adaptar o seu modelo de negocio ás novas tecnoloxías 4.0. Este proxecto púxose en marcha no 2017 e, agora, esas necesidades son “os obxectivos do PERTE do naval”.

 

Carmela Silva quixo destacar a relevancia que van ter os dos principais Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTEs) para as empresas e industrias dos sectores máis relevantes de Galicia, como o do naval, o do vehículo eléctrico e conectado, o aeroespacial ou o das enerxías renovables. “É un momento difícil pero moi apaixonante. Temos que traballar xuntos e xuntas para lograr ese cambio que vai permitir un maior crecemento económico e unha maior xeración de riqueza”, asegurou, ao tempo que recordou que é tempo de deixar o ruído que “xa non sirve para nada”. “É o momento de traballar, de crear, de ilusionarnos e de ser capaces de ser elementos transformadores”, para o que confía que, malia ser “un gran reto”, entre todas e todos “o imos conseguir”. Entre outras, lembrou as posibilidades que ofrece a enerxía fotovoltaica en Galicia, que “vai ser unha gran revolución na industria, xerando moita actividade económica e emprego” e pola que se debe “apostar máis” e aproveitar as oportunidades do territorio galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.