Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 22 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Un paso máis cara ao futuro da Cidade Deportiva Afouteza

Recta final para a aprobación definitiva do Plan Especial

O vindeiro luns aprobarase provisionalmente en Xunta de Goberno o documento para enviar á Xunta de Galicia e que esta emita o oportuno informe para a vindeira aprobación definitiva do Plan Especial da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras. Un paso máis cara a consolidación, o crecemento e o futuro de Afouteza en Mos.

 

O Plan Especial aprobouse inicialmente en Xunta de Goberno Local fai meses. Trámite tras o cal someteuse ao pertinente período de exposición pública presentándose tan só 3 alegacións durantea a mesma. E agora, con todos os informes sectoriais favorables (tanto os de Montes, Medio Ambiente, Patrimonio … etc. da Xunta de Galicia; como os estatais de AESA e Confederación Hidrográfica) levarase o documento a aprobación provisional en Xunta de Goberno Local o vindeiro luns, 23 de maio, para a súa posterior remisión a Urbanismo da Xunta de Galicia.

 

A continuación a Xunta informará e llo remitirá novamente ao Concello para a súa aprobación definitiva. Deste xeito, este Plan Especial, terá a súa aprobación definitiva nos vindeiros meses.

 

A maiores da sentenza do TSX (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), que desde o Concello de Mos se espera sexa favorable, a administración local mosense xa conta co Plan Especial da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras, no último trámite coa Xunta de Galicia, previo á aprobación definitiva. Un paso máis cara o futuro do Celta en Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.