Vigo
O novo ascensor da Praza da Estación á Urzáiz e Vía Norte estará operativo en xullo
Abel Caballero e María José Caride, acompañados por técnicos municipais e da empresa construtora, pasaron revisión ao avance dos traballos para erixir un ascensor panorámico con capacidade para trece persoas que unirá a Praza da Estación con Urzáiz e Vía Norte.
Na Praza da Estación, o elevador partirá xusto ao lado do acceso principal ao centro Vialia, no mesmo rasante, cubrindo o espazo que queda entre o edificio deseñado por Thom Mayne e o muro da estación. O Concello adica ao efecto 387.000 euros. egundo indicou Abel Caballero, poderá estar operativo no mes de xullo.
Durante a visita, Caballero e Caride puideron comprobar como quedará a confluencia de Urzáiz e Vía Norte, que estará pavimentada con granito e que suporá na práctica a ampliación da beirarrúa. Ademais, o goberno de Vigo instalará zonas axardinadas, mobiliario urbano e novas redes de pluviais e electricidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91