VIGO
O Concello retoma as clases de educación viaria nos centros educativos
A Policía Local prosegue coas xornadas de educación viaria que imparte en centros de Primaria da cidade. Unha vez superada a pandemia, a previsión é achegar esta formación a uns 10.000 alumnos, igual que no ano 2019
O alcalde achegouse esta semana ao Ceip Lope de Vega onde o alumnado de 5º de Primaria recibiu formación en educación viaria. Son charlas impartidas pola Policía Local que pretenden incrementar no alumnado o interese pola mobilidade segura, mellorar a toma de decisións relacionadas co uso das vías e iniciar un cambio de actitudes.
Tal e como explicou o rexedor, no ano 2019 estas xornadas impartíronse a 10.000 alumnos, unha cifra prevista para este 2022, tras a pausa sofrida polas medidas sanitarias da pandemia. De feito, en 2021, retomáronse estas actividades coa participación de 3.000 estudantes. Estas xornadas compleméntanse con outras accións como a campaña de concienciación do uso do cinto de seguridade no transporte escolar.
Obras
O alcalde aproveitou a visita para pasar revista á situación na que se atopa o centro escolar e, ao comprobar o deficiente estado de conservación da cuberta da pista deportiva, comprometeuse a renovala, así como a facer unha reforma integral do patio Infantil e dos baños da primeira planta. O Concello xa acometeu a renovación doutros tres aseos nos anos 2018 e 2019. En declaracións aos medios, Caballero cifrou en case 400.000 euros o importe destes traballos e lembrou que son competencia da Xunta.
Seguindo con dotacións para os colexios, hoxe rematou a entrega de xogos para todos os centros de Infantil e Primaria de Vigo. O Concello dispuxo 17.000 euros para que os nenos e nenas teñan novos xogos para o ocio co obxectivo de renovar un material que tiña máis de 14 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91