GALICIA
O Camiño de Santiago como evento dinamizador da demanda cultural e turística de Galicia
Nava Castro participou na rolda de prensa de presentación do Congreso Mundial de Pastoral de Turismo, que celebra do 5 ao 8 de outubro en Compostela a súa VIII edición
A Xunta puxo en valor o Camiño de Santiago como evento dinamizador da demanda cultural e turística de Galicia na rolda de de prensa esta mañá da presentación do VIII Congreso Mundial Pastoral de Turismo, baixo o lema de “Turismo e Peregrinación. Camiños de Esperanza”.
Na rolda de presentación participou Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia, xunto co Monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela; Monseñor Francisco José Prieto Fernández, bispo auxiliar de Santiago de Compostela, e Gustavo Riveiro D´Angelo, director do Departamento para a Pastoral de Turismo da Conferencia Episcopal Española.
O encontro celebrarase baixo o lema “Turismo e Peregrinación. Camiños de Esperanza”
Na súa intervención, Castro salientou o traballo realizado dende a Xunta para este Ano Santo “apostando polo Camiño como motor de recuperación económica e espiritual para Galicia, investindo máis de 170 millóns de euros na mellora, acondicionamento e posta en marcha deste Ano Xacobeo dobre”.
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé no récord de peregrinos que están chegando a Compostela dende o inicio deste Ano Xacobeo, subliñando que o Camiño “unido a un amplo, diverso e único conxunto de recursos turísticos, converte a Galicia nun destino turístico seguro, acolledor e non masificado no que poderán encontrar propostas turísticas altamente especializadas, como turismo deportivo ou náutico, termalismo, turismo rural, enogastronómico, cultural e paisaxístico”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217