GALICIA
A Selección Cadete de XCO logra tres podios en Tibi
Aroa Otero, segunda, e Marta Estévez e Alejandro García, terceiros, sobresaíron na actuación dos once bikers que representaron a Galicia no evento de nivel UCI C2 celebrado na provincia de Alicante
A primeira cita da temporada para a Selección de Galicia de Cross Country Olímpico (XCO) saldouse este pasado domingo con tres podios e cunha experiencia formativa de alto nivel. O combinado autonómico acudiu con once bikers cadetes á Superprestigio MTB Faster de Tibi e na provincia de Alicante cumpriu con nota tanto os obxectivos deportivos como os de aprendizaxe. Nun evento de categoría C2 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI), a Selección de Breogán demostrou o potencial da súa aposta pola base.
O equipo autonómico dirixido por Alberto del Río tivo como un dos seus retos adaptarse ás altas temperaturas nun escenario xa de por si técnico e duro. As rapazas cadetes debían completar unha esixente start lap e unha volta enteira ao circuíto alacantino. Compartindo quenda co resto de categorías femininas, Aroa Otero e Marta Estévez situáronse dende o inicio en postos de podio.
A vencedora cadete Kyra Gali (Vilajuiga) non se puido relaxar en ningún momento porque Aroa Otero tívoa á vista ata os intres finais. A diferenza entre as dúas roldou os 15 segundos na maior parte da carreira e acabou superando lixeiramente o medio minuto (38'). Por detrás delas, Marta Estévez mantívose na terceira praza sen permitir que se lle achegara Carlota Berne (Umen). A terceira clasificada concluíu a 3'08" da gañadora e con 47" de marxe respecto a súa perseguidora.
Ademais do dobre podio, Galicia colleitou o sétimo posto de Iris Fernádez, o décimo da debutante co combinado autonómico Candela Rodríguez, mentres que outra biker que se estreaba coa Selección, Sandra Vila, viuse obrigada a abandonar como consecuencia da intensa calor.
Cadetes masculinos
Unha start lap e dúas voltas enteiras ao circuíto da terceira xornada do certame Superprestigio MTB Faster tiveron que realizar os rapaces cadetes. Tras arrancar dende a zona traseira na grella de saída, Alejandro García non tardou en moverse nas primeiras posicións. Unha caída deixouno definitivamente sen opcións de alcanzar ao belga Matisse Van Kerckhove (Montbike), pero o mellor clasificado de Galicia foi quen de botarlle a luva a Javier López (Uves-Spiuk) para acabar xogándose a segunda praza ao esprint. O man a man decantouse a prol do madrileño.
Os tres primeiros, separados tan so por 5" despois de que o belga Van Kerckhove levantara o pé no desenlace da proba, distanciáronse en 2 minutos do seguinte grupo. Galicia contou con outro representante no Top-10: Mauro Vega fixo sétimo, a 2'26 do vencedor. Tamén remontaron posicións ao longo da carreira Denis González, duodécimo, e Martín Díaz, décimo sétimo. Pola súa banda, Néstor Frías cruzou a liña de meta ocupando a 25ª praza e Nicolás Fernández, que sufriu unha picada, terminou na 28ª.
Ao marxe dos resultados, o staff da Selección de Galicia formado por Alberto del Río, Irene Trabazo (técnica auxiliar), Pablo Cachadas (mecánico) e David Carrillo (secretario da Federación Ciclismo Galego) regresou de Tibi moi satisfeito co comportamento das corredoras e dos corredores, que tiveron a oportunidade de coñecer en persoa a estrelas do ciclismo como os medallistas olímpicos Carlos Coloma e David Valero, ou ao campión estatal de ciclocrós Felipe Orts.
O vindeiro evento de XCO ao que acudirá o combinado de Breogán será a xornada final da Copa de España, o 5 de xuño en Baza (Jaén), nova oportunidade para que as promesas do Cross Coutry Olímpico autonómico sigan medrando como bikers e preparando o campionato estatal do mes de xullo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136