Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Viernes, 27 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño gaña o Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia

A entrega de premios tivo lugar no marco da celebración do Festival de Cans onde, ademais de recibir o trofeo e a certificación de Premio de Innovación Educativa, proxectáronse as tres curtas finalistas do concurso

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño acadou o 1ª premio do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia. A curta gañadora  co título “ Conto do Miño” recolle o percorrido a través da zona litoral da desembocadura do Baixo Miño dende Tomiño ata A Guarda, reflectindo, entre outros aspectos, a paisaxe, as costumes, os trazos dialectais, a irmandade con Portugal e a herdanza dos devanceiros.


Un grupo de rapazas e rapaces van dando a coñecer lugares, lendas e tradicións do último tramo do Miño ao seu paso por Tomiño, O Rosal e A Guarda. Así, na curta poden verse a Fortaleza San Lourenzo de Goián, os muíños do Rosal ou o castro celta da Guarda e o porto, entre moitas outras paisaxes de interese e valor medioambiental e patrimonial.


O certame está organizado pola Fundación Galicia Sustentable en colaboración con Turismo de Galicia e promovido por Política Lingüística e Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional. O seu obxectivo é impulsar o coñecemento da Senda Litoral favorecendo o uso do galego e poñendo en valor os recursos naturais e patrimoniais de Galicia.


A entrega de premios tivo lugar no marco da celebración do festival audiovisual de Cans onde, ademais de recibir o trofeo e a certificación de Premio de  Innovación Educativa, proxectáronse as tres curtas finalistas do concurso.


Tanto desde a dirección do centro, como dende a área de Cultura do Concello, as súas responsables fan chegar os seus parabéns ao alumnado implicado no proxecto, animándolles a seguir traballando nesta liña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.