Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas de Mos esíxenlle a Arévalo "pague do seu peto" o recurso diante do Supremo

O grupo municipal socialista de Mos, diante da nova sentencia, esta vez do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que "confirma as ilegalidades urbanísticas perpetradas na execución da Cidade Deportiva do Celta e diante do anuncio do Concello de Mos de que seguirá coa súa fuxida cara adiante presentando un novo recurso de casación diante do Tribunal Supremo", esíxelle á alcaldesa que "deixe de utilizar o diñeiro público de tódalas veciñas e veciños e se pague esta nova frivolidade xudicial do seu peto". "Todo isto responde a un asunto personalísimo do señor Mouriño e a señora Arévalo, coa complicidade da Xunta de Galicia; un asunto que nada ten que ver cos intereses xerais de Mos e que en nada beneficia á veciñanza, así que correspóndelle á alcaldesa responder co seu patrimonio".

 

A voceira socialista en Mos, Victoria Alonso, considera escandaloso que o TSXG volva confirmar a evidencia de que en Mos perpetrouse un "ti vai facendo" en toda regra. O alto tribunal galego volve confirmar que o Concello de Mos infrinxiu a lexislación urbanística ao evitar a aprobación previa dun Plan Especial de Estruturas e Dotacións antes de aprobar as licenzas para as sucesivas obras que o Celta xa foi executando nos montes comunais. "Se fose un particular, xa estarían preparando o expediente de derrubo", afirma. "O señor Mouriño puido así comezar unhas obras que, doutro xeito, terían que ter agardado ata a aprobación do Plan Especial, previa emisión dos informes sectoriais das distintas Administracións e organismos involucrados e a día de hoxe non podería aínda ter comezado". "Todo isto foi unha manobra orquestrada para esquivala lexislación", engade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.