Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 30 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Campus de Fútbol “O Rosal” volve cunha nova edición

O campus está impartido por monitores titulados e conta coa organización da UD Ribera e colaboración do Concello do Rosal

O próximo mes de xullo terá lugar a 5a edición do Campus de Fútbol “O Rosal”. Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos e celebrarase entre os días 04 ao 29 de xullo.

 

Existen 4 rangos de prezo diferentes cun descuento de 10€ para irmáns:

  • Tarifa Mensual do 04 ao 29 de xullo – 150€

  • Tarifa Quincena – 85€

  • Tarifa Mensual Madrugadores – 160€

  • Tarifa Quincena Madrugadores – 90€

     

As actividades realizaranse nas instalacións deportivas de A Mata e no polideportivo do Colexio Suárez Marquier. O horario será de 10:00 h a 14:00 h, con entrada ás 09:00 h na modalidade “Madrugadores”.

 

No campus realizaranse adestramentos técnico-tácticos, traballo de coordinación, competición, e mesmo contará cun apartado de adestramento específico para porteiros. Tamén haberá charlas formativas impartidas por deportistas de élite e coloquios sobre temas tan necesarios como a prevención de lesións e, por suposto, diversión.

 

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explica que “o obxetivo deste Campus de fútbol é que os nenos e nenas coñezan unha alternativa positiva de lecer e adopten hábitos de vida saudables ao tempo que comparten experiencias e se divirten”.

 

As inscricións xa están abertas e poderán formalizarse ata o 14 de xuño de martes a xoves entre as 16:30 h e as 19:30 h..

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.