MOS
Mos asina os convenios culturais
Suman un total de 4 subvencións que ascenden a preto de 70.000 euros anuais neste 2022
O Concello de Mos asinou esta semana os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades culturais locais incluídas no orzamento municipal para este 2022. Trátase dos 4 convenios con asociacións, Escola de Música e agrupacións musicais locais. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, os/as presidentes/as das entidades beneficiarias, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e Educación, Julia Loureiro.
Os 4 beneficiarios son: a Escola de Música e Conservatorio Profesional de Torroso, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña e o Belén de Herville.
Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e entidades culturais do municipio asínanse anualmente, coa finalidade de contribuir a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto cultural de cada unha delas durante o ano.
Nestas 4 subvencións a administración local mosense inviste 67.100 euros anuais neste 2022.
Respecto dos beneficiarios cómpre destacar “a súa valía como promotores da cultura local dentro e fóra do municipio, e como representantes e protectores das nosas tradicións; son un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos” declararon a rexedora local e a edil de Cultura, Arévalo e Cebreiro respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184