Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 29 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta implantará o bacharelato no instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas o vindeiro curso e investirá preto de 2,5m€ na súa ampliación

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visita o centro

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou esta mañá o instituto IES Pedra Rubias, no que o seu departamento vai acometer unha ampliación por importe de preto de 2,5M€. Tal e como explicou, a Consellería adxudicou no mes de marzo a redacción do proxecto para a ampliación do centro, polo que se agarda telo listo o próximo mes.

 

No referido ás obras, Román Rodríguez indicou que a previsión é que saian a licitación despois de verán e que os traballos se inicien no último terzo de 2022. “Ao tratarse de traballos de gran envergadura, estimamos que a actuación podería estar rematada para o inicio do curso 2023/24”, engadiu.

 

O titular do departamento educativo da Xunta sinalou esta actuación como froito do compromiso do Goberno galego coa comunidade educativa de Salceda de Caselas, que solicitou incorporar ensinanzas de Bacharelato a este centro. “Ata o momento os rapaces estábanse desprazando a Porriño e Tui para cursalas, e agora poderán facelo no seu propio concello”, afirmou.

 

 

 

 

Este verán habilitaranse dúas aulas para que 56 alumnos cursen estas ensinanzas a partir de setembro, como primeiro paso da ampliación que se iniciará a finais de ano

 

 

 

 

 

“Para o vindeiro curso 2022/23 xa se incorporarán a este instituto 56 alumnos de Bacharelato”, explicou o conselleiro, indicando que este verán se realizarán obras por importe de 40.000€ para habilitar dúas aulas dentro dos espazos xa dispoñibles. Este será o primeiro paso da ampliación do centro, que se está previsto iniciar a finais de ano

 

Adaptado ao Plan de Nova arquitectura Pedagóxica
Unha vez rematadas as obras de ampliación o IES Pedras Rubias albergará aulas para ESO e Bacharelato, grazas á construción dunha nova superficie útil de 1.600 m², cunha área docente dotada de oito aulas, dous aseos e un laboratorio; así como espazos dedicados á administración e a servizos comúns.  Así mesmo, engadiranse tamén espazos exteriores como un acceso e un patio cuberto e zona de estacionamento.  

 

A ampliación realizarase de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para as infraestruturas educativas da próxima década, que aposta por un novo modelo de escolas máis flexibles, máis tecnolóxicas e sostibles, adaptado á situación poscovid.

 

A actuación enmárcase, ademais, nun investimento de máis de 850.000€ en obras en centros educativos deste concello desde 2009.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.