O PORRIÑO
O Porriño publica o bando coas normas para celebrar a noite de San Xoán
As solicitudes para autorizar as cacharelas deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica antes das 23 h do 17 de xuño
O Porriño xa está preparado para celebrar con seguridade a noite de San Xoán. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, vén de emitir un bando municipal regulando as normas para a realización das tradicionais cacharelas e sardiñadas en espazos públicos.
En primeiro lugar, deberán realizarse en lugares despexados que distén un mínimo de 15 m ás edificacións e árbores. Ademais, o diámetro máximo da zona de combustión da fogueira será de 4 m de ancho e cunha altura máxima de 2 m.
En segundo lugar, os asistentes non poderán concentrarse a unha distancia inferior á do ancho da fogueira.
Os materiais a empregar serán leñas, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira, xa que está prohibida a queima de neumáticos, plásticos ou aceites. Quedan prohibidas tamén as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos etc…
As solicitudes para obter a pertinente autorización do Concello presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica antes das 23 h do día 17 de xuño de 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218