• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 09 de Julio de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Julio de 2026 a las 21:53:22 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sindicatos y empresa alcanzan un preacuerdo y suspenden la huelga de la basura en O Porriño

      Sindicatos y empresa alcanzan un preacuerdo y suspenden la huelga de la basura en O Porriño

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Feira do Libro de Ponteareas llega a su décima edición

      La Feira do Libro de Ponteareas llega a su décima edición

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • O Rosal reforzará el firme de sus caminos municipales con 200.000 euros del Plan +Provincia

      O Rosal reforzará el firme de sus caminos municipales con 200.000 euros del Plan +Provincia

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona acoge con éxito el Campeonato Gallego Sub 11 y Sub 19 de bádminton

      Baiona acoge con éxito el Campeonato Gallego Sub 11 y Sub 19 de bádminton

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

      El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Domingo, 05 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
VIGO

Máis de 200 casetas expositoras en VEGANA 2022

Tralo éxito acadado na primeira edición, que congregou a 12.000 asistentes nunha soa fin de semana, a Feira Vegana e Sostible de Galicia volverá ao IFEVI de Vigo os días 1, 2 e 3 de xullo

Se a imaxe da primeira edición incidía no carácter familiar dunha feira que naceu co obxectivo de espertar a curiosidade daquelas persoas que nunca se expuxeron ao veganismo como estilo de vida, este ano 2022 o cartel da feira preséntanos un momento roubado de VEGANA 2021. En palabras do deseñador da imaxe, Iñaki Quenerapú, “había demasiadas fotografías con máscara e encantounos esta foto pola espontánea gargallada da moza. Esa pequena burbulla sen máscaras que formaron estas catro persoas comendo representa, como o mellor dos presaxios, o paso de VEGANA 2021 a VEGANA 2022; é dicir, unha feira vegana co mesmo bo ambiente pero na que poderemos ver, ao fin, as caras riseiras”.

 

[Img #76167]A nova edición da Feira, VEGANA 2022, comprométese a repetir a clave do éxito da primeira mostra, isto é, a feira será un punto de encontro para todo tipo de persoas curiosas e/ou comprometidas coa sostibilidade, o respecto interespecie e o medio ambiente. Deste xeito, o público asistente poderá probar as últimas novidades gastronómicas do sector vegano, deixando tamén un espazo destacado para o calzado e a moda sostible, a cosmética, o sector vinícola e cervexeiro, a artesanía, os xoguetes para todas as idades, pequenos electrodomésticos e todo tipo de alternativas ao plástico dun só uso.

 

Como non podía ser doutro xeito, tamén haberá espazo para asociacións, santuarios de animais e refuxios, que mostrarán o necesario e extraordinario que é o seu traballo.



Que ofrecerá VEGANA 2022
Cun intenso programa en proceso, as organizadoras do evento (as creadoras de contido Patricia Menéndez e Tamara Alonso, xunto a xestora cultural Ana Gontad) avanzan unha serie de novidades que poderán gozar as persoas que acudan ao Instituto Feiral de Vigo os días 1, 2 e 3 de xullo.



A primeira delas ten o obxectivo de ampliar a vertente inclusiva da feira. Trátase da chamada Hora Low, un espazo temporal (entre as 10:45 h e as 12 h do venres 1 de xullo) máis amigable para as persoas neurodiverxentes ou con hipersensibilidade. As persoas que padezan algún tipo de neurodiverxencia terán acceso prioritario desde as 10:45 h do venres para evitar aglomeracións. Durante unha hora minimizarase o ruído no posible neste tipo de eventos, os teléfonos permanecerán en silencio e utilizarase un ton de voz baixo. Tamén se reducirá a iluminación dentro das posibilidades da sede. Así mesmo, a organización poñerá ao dispor de todas as persoas que os necesiten uns auriculares de cancelación de ruído.



Outra das novidades deste ano é a conversión dos dous pavillóns do IFEVI que acollerán VEGANA 2022 nun gran taboleiro de xogo repleto de desafíos, probas e enigmas da man de Skeirrum, un xogo creado pola clarinetista Cintia Lomba e a química Erea Rodríguez que promete altas doses de adrenalina, recompensas e, sobre todo, moita diversión.

 

 

 

 

O evento contará co dobre de espazo expositivo, casetas e marcas expositoras, oengués, gastronetas, degustacións gratuítas, charlas, demostracións de cociña e unha importante oferta de lecer para todas as idades

 

 

 



En canto á oferta gastronómica que o público poderá probar, esta preséntase máis ampla que a xa variada oferta da pasada edición, coa incorporación de novas carnes vexetais, novas marcas de queixos elaborados a base de froitos secos (nin máis nin menos que dez marcas de queixos sen ingredientes de orixe animal), unha boa carta de sobremesas veganas (a maior parte sen glute) e mesmo novas alternativas veganas ao peixe. O cambio estacional da feira, que pasa do outono ao verán, permite ademais a incorporación de novas marcas de xeados e os deliciosos á vez que nutritivos produtos frescos da horta galega. Un destes produtos de horta, o cogomelo shiitake, sorprenderá a propios e estraños na súa versión “Shiitake á feira”, unha revisión do prato estrela da gastronomía galega que será preparada polos membros da Asociación Raiceiras e que marabillará ao máis padal máis sibarita. Os beneficios recadados pola asociación reverterán directamente sobre as persoas e familias en situación de vulnerabilidade da comarca do Baixo Miño.



E como o que nunca pode faltar é o humor, VEGANA 2022 promete moito e por milleiros na súa proposta Vegan Dates, un xogo de citas rápidas para coñecer xente con inquietudes e ilusións comúns.



No que respecta á oferta de obradoiros dedicados ao público infantil, a organización salienta o Mini Chef porque “somos conscientes de que as nenas e os nenos aprenden por imitación e gozan da cociña tanto como as persoas adultas”. Esta actividade, gratuíta —como todas no interior da feira—, permitirá ao público máis pequeno da casa desenvolver as súas calidades culinarias nunha contorna de aprendizaxe e gozo totalmente seguro.



Tomen nota: as entradas para o evento están dispoñibles para a súa adquisición na web vegana.gal. O seu prezo en venda anticipada é de 4,5 € para un día e 12 € para os tres días. A entrada é gratuíta para menores de 12 anos, maiores de 65, persoas en situación de desemprego e persoas en situación de diversidade funcional.



A feira conta co patrocinio principal do Concello de Vigo, o apoio da Deputación de Pontevedra e a colaboración de The Vegan Agency, Violife, Heura, Unión Vegetariana Española, Grupo Avanza, Radio Vigo Cadena Ser, Gadis e +Cociña.

 

Noticia anterior:
Un velero holandés de 29 metros abre la temporada de tránsitos en el Náutico de Vigo
Noticia siguiente:
Unha exposición en homenaxe ás mulleres que lideran a defensa dos dereitos humanos
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.33

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Los españoles necesitan 27 días de vacaciones para desconectar del trabajo, a la cabeza de Europa

Los españoles necesitan 27 días de vacaciones para desconectar del trabajo, a la cabeza de Europa

El abandono de perros y gatos se estanca: más de 285.000 animales ingresaron en protectoras en 2025

El abandono de perros y gatos se estanca: más de 285.000 animales ingresaron en protectoras en 2025

La inflación condiciona el presupuesto vacacional del 78% de los españoles

La inflación condiciona el presupuesto vacacional del 78% de los españoles

38 municipios gallegos preseleccionados para el primer Índice Europeo de Ciudades Climáticamente Adaptadas

38 municipios gallegos preseleccionados para el primer Índice Europeo de Ciudades Climáticamente Adaptadas

Opinión

Cómo cambian los hábitos de compra durante las vacaciones de verano

Personas con derechos

La reduflación: el arte de engañar sin mentir

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Cuatro condenados por introducir 651 kilos de cocaína en el puerto de Vigo ocultos en palés de bananas

Cuatro condenados por introducir 651 kilos de cocaína en el puerto de Vigo ocultos en palés de bananas

La Guardia Civil de Soutomaior investiga a un vecino de Arcade por tráfico de drogas

La Guardia Civil de Soutomaior investiga a un vecino de Arcade por tráfico de drogas

Incautados 267 kilos de pulpo y 561 cacharros en Arousa y A Guarda

Incautados 267 kilos de pulpo y 561 cacharros en Arousa y A Guarda

La Guardia Civil desarticula un grupo criminal vinculado al atraco de una sucursal bancaria en Pazos de Borbén

La Guardia Civil desarticula un grupo criminal vinculado al atraco de una sucursal bancaria en Pazos de Borbén

Agenda

Julio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Galicia

Política industrial de anticipación en Galicia:

Política industrial de anticipación en Galicia: "estar preparados antes de que llegue la oportunidad"

Galicia, entre las mejores comunidades en gestión de la dependencia pese al

Galicia, entre las mejores comunidades en gestión de la dependencia pese al "incumplimiento" del Gobierno central

Provincia

Luis López define el Portamérica como

Luis López define el Portamérica como "estandarte" de la cultura, la sostenibilidad y el turismo en la provincia

Más de 63 millones en bienestar social para las familias en tres años

Más de 63 millones en bienestar social para las familias en tres años

Deportes

Raúl Fernández lidera el cierre gallego en Halifax con el oro mundial Sub 23 en C1 200 metros

Raúl Fernández lidera el cierre gallego en Halifax con el oro mundial Sub 23 en C1 200 metros

El Club Náutico Pontecesures gana en Verducido y refuerza su liderato en la Liga Provincial

El Club Náutico Pontecesures gana en Verducido y refuerza su liderato en la Liga Provincial

El piragüismo gallego firma cuatro medallas en el Mundial júnior y Sub-23 de Canadá

El piragüismo gallego firma cuatro medallas en el Mundial júnior y Sub-23 de Canadá

Motor

Rueda valora la colaboración con la Guardia Civil de Tráfico para mejorar la seguridad vial y la respuesta a emergencias

Rueda valora la colaboración con la Guardia Civil de Tráfico para mejorar la seguridad vial y la respuesta a emergencias

Salud

AFAGA atiende ya a más de 4.300 personas y crece casi un 50% en sus programas de prevención

AFAGA atiende ya a más de 4.300 personas y crece casi un 50% en sus programas de prevención

El 33% de los españoles cree tener un problema de salud mental, siete puntos más que en 2024

El 33% de los españoles cree tener un problema de salud mental, siete puntos más que en 2024

El ahogamiento puede causar daño cerebral por falta de oxígeno: así afecta al cerebro

El ahogamiento puede causar daño cerebral por falta de oxígeno: así afecta al cerebro

Turismo

El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

Hogar

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Un velero holandés de 29 metros abre la temporada de tránsitos en el Náutico de Vigo

Unha exposición en homenaxe ás mulleres que lideran a defensa dos dereitos humanos

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder